venres, 28 de febreiro de 2025

ENTREGA PREMIOS CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2025

O xoves vísperas do comezo das vacacións de Entroido, fixemos entrega dos diplomas e vales aos gañadores/as do Concurso de Máscaras.

Martín, Rodrigo, Lucia e Noa, posan así de contentos cos seus diplomas e nos estamos moi orgullosos de todos eles, polo seu esforzo e polos seus traballos tan espectaculares e ben feitos.

Noraboa!












xoves, 27 de febreiro de 2025


MÁSCARAS GAÑADORAS

Aquí deixamos as máscaras gañadoras deste ano.

Noraboa ao nosos alumnos/as por estos traballos tan ben realizados!

Sodes unh@s artistas!!!













mércores, 26 de febreiro de 2025

 A RADIO NO IES

    O pasado 25 de febreiro varios docentes do IES Lagoa de Antela asistimos a unha formación en Polos creativos, impartida por Roberto sobre a radio.

Durante catro horas estivemos ben atentos, tomando nota e aprendendo todos os segredos que a radio nos depara.

Ao final da xornada, puidemos experimentar en primeira persoa que é a radio, previo montaxe de todo o que implica por en marcha este proxecto.

Unha tarde frutífera e divertida, que produciu todas estas imaxes que vos amosamos.










luns, 24 de febreiro de 2025

GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2025

Xa temos os gañadores da 28º edición do Concurso de Máscaras do Entroido que o Dpto de Debuxo, organiza todos os anos.

Foi moi complicado decidir as gañadoras deste ano, traballos de alto nivel, con moita creatividade en xogo e cunha execución impecable.

Aqui vos presentamos aos gañadores de 3º ESO:

1º PREMIO: Martín Arredondo Morales 3º ESO A

2º PREMIO: Rodrigo Barreiro Gomes 3º ESO A

3º PREMIO: Lucia García Feijoo 3º ESO C

A ganadora de 1º eso foi:

1º PREMIO: Noa Carballo Rivero 1º ESO D







domingo, 23 de febreiro de 2025

23 DE FEBREIRO- DÍA DE ROSALÍA

Desde á Biblioteca visualizamos o Dia de Rosalía, cunha exposición da súa obra.

Tamén a nosa compañeira Rosa Alonso, profe de Lingua Galega, organiza un recitado de versos para a montaxe despoís dun video.

Desfrutade do Día de Rosalía!










venres, 21 de febreiro de 2025

AS MANDAS DO MECO

Como todos os anos xa chegou ao IES, "as mandas do meco". Toda a semana algo diferente.

Estade atentos/as ao que se aveciña!


luns, 17 de febreiro de 2025

EXPOSICIÓN  28º CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO

Presentamos este ano a 28ª edición do Concurso de Máscaras do Entroido.

Este ano foron presentadas ao concurso 86 máscaras en total, 28 na categoría de 1º ESO e 58 na categoría de 3º ESO.

Aquí vos deixamos os paneis que decoran o IES e que xa anticipan o tan desexado Entroido na Limia!

Noraboa a todo o alumnado pola sua participación e os traballos tan espectaculares que vemos estos días expostos.








martes, 11 de febreiro de 2025

 11 DE FEBREIRO DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe é un día para reflexionar sobre os logros acabados e recoñecer os desafíos que ainda enfrontan as mulleres neste eido.

Sigamos inspirando ás futuras xeracións a perseguir os seus soños científicos, porque a ciencia precisa da voz o do talento de todas as personas.

E aquí deixamos a exposición feita polo alumnado de bioloxía de 4º ESO PDC e 1º BAC, que está exposta na entrada da cafetería.

Desfrutade dela!