venres, 30 de setembro de 2022

CARTEL DÍA DAS BIBLIOTECAS

Aqui vos deixamos o bonito cartel que este ano visibiliza a data do 24 de outubro, Día das Bibliotecas.

CLUB DE LECTURA EN 2º ESO

O alumnado de 2º ESO tivo moitas présas para comenzar o Club de lectura desde curso.

A primeira lectura escollida foi Jules verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.

Aquí vos deixamos ao alumnado participante.

Boas lecturas chic@s!






luns, 26 de setembro de 2022

HORA DE LER

Xa temos todo listo para comenzar a HORA DE LER no IES.

Grazas a axuda inestimable de Corina, alumna de 3º ESO B, que colaborou coa organización desta actividade.

Tras a pandemia, volvemos a retomar as caixas de lecturas que poñemos a disposición do alumnado nas aulas.

Comenzamos!

Boas lecturas a tod@s!





venres, 23 de setembro de 2022

EXPOSICIÓN DA CÉLULA

A nosa compañeira do Dpto. de Bioloxía traballou co alumnado a célula e montaron esta interesante exposición.

Noraboa polos estupendos traballos feitos!










mércores, 14 de setembro de 2022

NOVO ESPAZO MULTIUSOS

Tamén durante o verán as obras realizadas nunha parte do IES, fixo que xurdira a creación dun novo espazo multiusos, que poderá usar o alumnado nos períodos de lecer e tamén en obradoiros, encontros co escritores e actividades variadas.

Á espera do mobiliario, xa empezamos a usarlo.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso de reforma!

A de cousas que vamos facer neste espazo tan bonito!









REFORMA BIBLIOTECA

Coa nosa participación no Plan LIA 3, e as dotacións asignadas para invertir no espazo da Biblioteca, durante o periodo vacacional do verán, a Biblioteca do noso centro estivo de obras.

Tiramos tabiques, cambiamos fiestas, puXemos chan novo, renovamos A cor das paredes, cambiamos as luces e mercamos mobiliario novo.

O cambio foi espectacular e agora temos un lugar aínda máis bonito que antes da reforma, máis recordemos que xa era un lugar estupendo do IES.

Aquí deixamos algunhas fotos do proceso e o resultado final.

Encantados co cambio que experimentou.









luns, 12 de setembro de 2022

BENVIDA

Este curso será un ano de cambios importantes na Biblioteca do noso centro.

Benvidos/as ao voso espazo especial no IES.