martes, 2 de maio de 2023

TRABALLANDO NA BIBLIOTECA

Un día calquera na nosa Biblioteca. O alumnado aproveita moi ben o tempo traballando nela...





luns, 1 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS

Para festexar a festa da cultura galega neste ano 2023 que se dedica ao galeguista Fernández del Riego, decidimos escoller a sua obra de viaxes que leva por título Galicia.
1ª Actividade

Caderno de Bitácora

2ª Actividade

Exposición no centro das viaxes que describe o autor na súa obra Galicia. Escolleremos algún dos espazos porque na obra abrangue a totalidade da nosa terra e faranse descricións en vídeo con efecto croma para levar ao google maps e con fotos e texto sobre un mapa de Galicia físico para expoñer no centro educativo.

Para facer a exposición contamos co traballo do alumnado de Ana Escudero de EPV de 4º da eso que fará un mapa de Galicia e litografías das vilas galegas nas que recollan de forma plástica un elemento que nos traslade de inmediato a ese lugar.

3ª Actividade (Actividade interanual)

REPORTEIROS VIAXEIROS. Seguindo co proxecto do curso pasado do programa de TV das letras na rúa. Faremos un programa de TV Viaxeiros das letras pola vila de Xinzo de Limia.
Haberá como estacións para resolver cuestións sobre os espazos das viaxes que describe Del Riego na súa obra Galicia que nos permitan ao final contar como é esa zona e viaxar pola nosa terra a bordo do Renault que conduce os personaxes da obra do homenaxeado.

4ª Actividade: 

Conscurso de lemas a prol do galego
Como non podía ser doutro xeito, centrándonos na faceta máis destacada do autor homenaxeado, o seu amor por Galicia e a súa idoloxía galeguista de labor incansable, este ano o alumnado do IES Lagoa de Antela, ten que deseñar unha campaña de cun lema a prol do Galego.

A mellor mensaxe plasmarase nunha camisola.



domingo, 30 de abril de 2023

ILUSTRAMOS O ROMANCERO GITANO 

O alumnado de 4º ESO, na materia de Lengua Española e dirixidos pola súa profesora Julia, fixeron como unha actividade para conmemorar o mes dos libros, esta estupenda iniciativa, ilustrar os textos da obra "El romancero gitano" de Federico García Lorca.

A exposición podédela ver no vestíbulo da cafeteria.

Disfrutade moito destes espectaculares traballos. Noraboa!


















 UNHA INVASIÓN SILENCIOSA

Desde o dpto. de Bioloxía e Xeoloxía e o dpto. de Artes plásticas, e en colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA vimos de instalar na cafetería do Instituto a Exposición: Unha invasión Silenciosa. A biodiversidade baixo amenaza.

A introdución de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario.

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das Especies Invasoras. Explícanos que son, cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns. Tamén nos informa sobre algunhas cuestións  que podemos facer para atallar este problema.

Durante os vindeiros días realizaremos diversas visitas co alumnado para ensinárllela e para facer un pequeno cuestionario.

Ata o 12 de maio a exposición estará no noso centro e a continuación pasará ao IES Cidade de Antioquía ata o día 24 de maio.
Agardamos que sexa do voso interese!

Esta exposición, máis a saída ao río que faremos con alumnado de 1ºESO, enmárcase no proxecto Fluviatilis, unha iniciativa onde diversas organizacións a nivel estatal realizan accións para coñecer e conservar os medios fluviais.

Enlace ADEGA:







xoves, 27 de abril de 2023

ENTREGA PREMIO CONCURSO MARCAPÁXINAS

Hoxe fixemos entrega do premio do concurso de marcapáxinas a Laura, a gañadora deste curso.

Moitas felicidades !




ENTREGA PREMIOS CONCURSO FOTOGRÁFICO

Hoxe fixemos entrega dos premios do concurso fotográfico deste mes de abril, mes dos libros, no que participou o alumnado do noso IES.

Grandes e fermosas fotografías feitas co gusto que dá sempre pensar, en tempo de lectura.

Os gañadores foron:

Alejandro Fernández Rodríguez de 3º ESO C

Diego Cerdeiro Casas de 3º ESO C

Noraboa !!







martes, 25 de abril de 2023

EXPOSICIÓN CONCURSO MARCAPÁXINAS

Na primeiro andar do IES, no mural expositivo temos unha fermosa exposición cos marcapáxinas feitos polo alumnado de 3º ESO, na materia de EPV, para conmemorar o Día do libro.





luns, 24 de abril de 2023

DE AGASALLO UN MARCAPÁXINAS

O pasado venres repartimos a toda a Comunidade Educativa o marcapáxinas gañador.

Contamos coa axuda do alumnado para poder facelo rápido e que todos/as tiveran nas súas mans este formoso agasallo.

Feliz Día do Libro 2023!


luns, 17 de abril de 2023

EXPOSICIÓN E CONCURSO FOTOGRÁFICO, ABRIL MES DOS LIBROS

Xa temos expostos os traballos fotográficos feitos polo alumnado de 3º ESO.

O Dpto de Debuxo xunto coa Biblioteca, convocamos un Concurso fotográfico en relación co mes de Abril mes dos libros.

As fotografías están expostas no vestíbulo da cafetería. Son fotografías espectaculares, todas elas con unha mensaxe en común, transmitir o gusto por os libros e a lectura.

En nada coñeceremos as tres fotografías gañadoras!