Amosando publicacións coa etiqueta AYUDANTES BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AYUDANTES BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de marzo de 2024

VISIBILIZAMOS O 8 DE MARZO

No IES visibilizamos a data do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.

E damos a grazas a nosas axudantas Nerea e Paula por facelo posible coa súa inestimable axuda.






luns, 5 de xuño de 2023

 ENTREGA DIPLOMAS AXUDANTES BIBLIOTECA

Este curso intenso de traballo na Biblioteca, a axuda dos nosos colaboradores coa biblioteca foi esencial.

Aquí tendes a Luka, Xiana e Corina, que colaboraron xestionando a biblioteca co novo programa KOHA, montando esposicións, mantendo silenzo na biblioteca e ordenando libros durante casi todos os periodos de lecer deste curso.

GRAZAS con maiúsculas por toda a vosa axuda!




sábado, 11 de xuño de 2022

PREMIOS FINAL DE CURSO

Como todos os anos entregamos ao final de curso o premio ao Lector nº1 da nosa biblioteca que este curso foi para Sofía Domínguez Gómez e tamen fixemos entrega dos diplomas aos axudantes da Biblioteca, que tan indispensables son para nos.

Grazas a todos pola vosa axuda e por facer uso da biblioteca do voso IES.



mércores, 8 de xuño de 2022

ORGANIZANDO ESTANTERIAS

Antes de que remate o curso, o alumnado colaborador coa biblioteca, axuda a mover e colocar libros, para que todo quede listo para o vindeiro curso.

Moitas grazas pola vosa indispensable axuda!!





domingo, 1 de maio de 2022

AXUDANTES BIBLIOTECA

Un dia calquera na nosa Biblioteca, coa axuda inestimable das nosas axudantas, Alba, Lorena e Omayma, pertences ao equipo de biblioteca.

Forramos, prestamos libros, recollemos empréstitos, listas de espera...un non parar, pero sempre con sorriso, que por fin podemos ver!!. 

Grazas polo voso traballo!!




domingo, 17 de outubro de 2021

EQUIPO VOLUNTARIAS

O curso pasado tan difícil e incerto, fixo que moitas cousas cambiaran.

A nosa Biblioteca chegou de sorpresa un grupo marabilloso de alumnado disposto a axudar desde o primeiro momento.

O que empezó con colocar libros nas estanterías, rematou cun grupo de alumnos que traballan na súa Biblioteca, en TODO.

Colocan, ordenan, plastifican, catalogan libros, recomendan lecturas, participan en todos os proxectos e montaxes de datas conmemorativas, fan prestamos manexando o Programa Meiga e o mellor de todo e que traballan sempre cunha sonrriso na cara, sempre aprendendo unha cousa mais cada dia.

O noso eterno agradecemento. Sodes todo un exemplo!!



xoves, 1 de xullo de 2021

ENTREGA DIPLOMAS AXUDANTES BIBLIOTECA

Fixemos entrega dos diplomas aos tan necesarios axudantes da Biblioteca. 





 ILUSTRADOR Cristian F. Caruncho

O alumnado de 4º ESO na materia de EPV, reciben un faladoiro sobre ilustración cómic e banda deseñada por parte de Cristian Fojón Caruncho.


Agradecemos a Fundación Carlos Casares, a posibilidade neste curso tan complicado, da xestión da presenza deste xoven ilustrador, que fixo unha charla espectacular sobre a sua profesión e relatounos o percorrido ata chegar a sua primeira obra publicada.






 

ALUMNADO VOLUNTARIO

Este curso o alumnado voluntario, foi crucial para sacar adiante moitas actividades e xestionar a biblioteca.

Xiana, Alba, Omayma e Lorena, foron parte fundamental do Equipo del Biblioteca. Aprendieron a xestionar unha Biblioteca e o deron todo da sua parte, para conseguir os obxectivos.

GRAZAS é unha palabra que queda corta, para expresar o noso agradecimiento.






domingo, 21 de febreiro de 2021

AXUDANTES BIBLIOTECA

    Neste curso, tan atipico e dificil, onde organizar a Biblioteca está resultando ás veces tan complicado, agradecese toda a axuda que chega de forma desinteresada por parte de toda a Comunidade educativa.

Pero quero e necesito destacar tres nomes, Lorena Fiz, Alba Garrido (alumnas de 4º ESO) e Xiana Carballo, (unha alumna moi, moi especial de 3º ESO).

As cousas chegan as veces por casualidade, e o que comenzou como un paso limitado nun recreo pola Biblioteca, con restriccións por todas partes, foi collendo forma ata ser costume.

De repente  Xiana, non deixaba entrar a ninguén que non desinfectara as mans previamente ou non deixaba sair a ninguén da Biblioteca, si previamente non desinfectaba o lugar que escolleu para estar no lecer. Estaba pendente de facer cumprir as normas COVID sen excusas!

Por outra banda Lorena e Alba estaban dispostas a todo...a TODO!!, alfabetizar estanterías, expurgar, colocar libros, sellar, forrar, plastificar carteis, montar e desmontar datas sinaladas no calendario e agora comenzar a coñecer o Programa Meiga, de xestión de bibliotecas.

Estas fabulosas AXUDANTES, son nestes momentos imprescindibles!! Pasan as semanas e facendo balance de todo o feito ata agora, somos conscientes do traballo que a diario fan, colaborando na Biblioteca nos dous lecer de cada xornada, de forma voluntaria e desinteresada.

GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS, por a vosa inestimable axuda e a vosa compañía diaria!!