PROXECTO MEMORIA VIVA
No mes de decembro o alumnado de Lingua e Literatura Galega de 2º de ESO B, C, D participou nun proxecto de recolleita de información relacionado coa Tradición Oral familiar, para o que se entrevistaron con persoas maiores para a continuación presentar os resultados nun mural compoñendo un collage colectivo.
Cada alumno-a falou con avós, avoas, tíos, tías... e pedíronlles que lle contasen romances, lendas, contos, coplas, cancións, refráns... Rexistraron os datos de cada informante e fixeron unha reflexión persoal sobre o que aprenderon coa actividade. Para a maioría foi un agasallo partillar tempo de calidade coas persoas maiores das súas casas e sorprendeunos a cantidade de saberes que albergan.
Cabe destacar que alumnado procedente de Marrocos, Perú, Venezuela... achegaron lendas dos seus países que nos agradou coñecer.
Por último, a actividade serviu para que a maioría dos alumnos-as puxesen en valor a súa vea artística e creatividade chegando a realizar murais espectaculares para os que botaron man de recursos de todo tipo: materias de refugallo, teas, papeis de cores, follas de árbores.
En definitiva, valoramos moi positivamente estas tarefas de reconstrución de memoria colectiva nas que participa toda a comunidade escolar. Parabéns!











