Amosando publicacións coa etiqueta Dpto Física e Química. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dpto Física e Química. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2026

EXPOCIENCIA EUROPEA

Este xoves, 26 de marzo, tres alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, parten cara Bruselas para representar a España na Expociencia europea, cun traballo sobre a contaminación das augas na Limia. O alumnado participante neste evento é:

Lucía Gómez Feijoo
Noa Rodríguez Enríquez
Hugo Camino García

Irán acompañados polo seu profesor, Miguel Yebra.

Desexámoslle moita sorte e agradecemos inmensamente o esforzo realizado para levar tan lonxe o nome do noso centro.

Parabéns ao alumnado e o seu profesor, xa que foron os únicos seleccionados en toda España.

Moi orgullosos!!








mércores, 11 de febreiro de 2026

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

PARTE 1 (Actividad Sec Bil): 

Os alumnos e alumnas da sección bilingüe de Física e Química do curso 3º ESO A realizaron un traballo de revisión bibliográfica para recopilar información sobre doce científicas que, ou ben naceron en Galicia ou levan a cabo a súa labor investigadora na nosa comunidade. 


A partir dos datos recollidos deseñaron unha serie de pósters que foron expostos na biblioteca para conmemorar o día da muller e da nena na ciencia (11 de febreiro).


Con esta actividade o alumnado tomou conciencia da calidade e impacto da actividade científica desenvolvida por mulleres na actualidade e na súa contorna mais próxima.