mércores, 14 de decembro de 2022

FANZINE

Este curso continuamos co proxecto da creación dun fanzine, no que participan unha selección de alumnado de diferentes cursos con cualidades artísticas relevantes, que fan que poidamos sacar adiante este proxecto tan enriquecedor.

O proxecto dirixido polo profesor de debuxo Horacio, dentro das actividades previstas no Dpto. de Debuxo, levounos a ter reunión todos os mércores no 1º recreo.

Este curso estamos usando o novo espazo creado como espazo multifuncional e que nos permite traballar con moita luz  e sen pasar frío, dado que está dotado de calefacción.

Xa está todo en marcha para sacar moi pronto a primeira das entregas do fanzine deste curso.

Non queda nada para ver e coñecer o gran traballo dos nosos artistas!











Ningún comentario:

Publicar un comentario