mércores, 30 de outubro de 2024

ENTREGA PREMIOS CONCURSO CALABAZAS TUNEADAS

Fixemos entrega de diplomas e vales ao alumnado premiado no Concurso de calabazas.

Disfrutade moito dos vosos merecidos premios.








CALABAZAS GAÑADORAS

Aquí deixamos as tres calabazas gañadoras. Traballos espectaculares do noso alumnado, que son capaces de deixar ben alto o listón da súa creatividade.

E os gañadores son:

1º PREMIO: María González de 1º ESO B

2º PREMIO: Noa Quintas Rodríguez de 1º ESO A

3º PREMIO: Mauro Gómez de 3º ESO A

Noraboa polos vosos traballos!






domingo, 27 de outubro de 2024

HALLOWEEN SWEETS CONTEST

O vindeiro martes 29 de Outubro, as compañeiras do Dpto de Inglés organizan unha degustación de postres terroríficos co alumnado da ESO.

Seguro que sorprenderán con creacións moi moi terroríficas!!!

Disfrutade moito!!

sábado, 26 de outubro de 2024

EXPOSICIÓN LIBROS TERROR BIBLIOTECA

Temos na Biblioteca organizada unha exposición co libros relacionados co terror para desfrutar deles, nestas datas tan terroríficas do Samaín!








xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de Outubro, celebramos o Día das Bibliotecas , de todas as bibliotecas. E por enriba de todas, a nosa especial e maravillosa Biblioteca do noso IES Lagoa de Antela.




mércores, 23 de outubro de 2024

CHEGA A "SPOOKY LITERARY STATION"

Chega por fin este estupendo traballo feito polos alumnos/as participantes no Club de lectura en inglés, dirixido pola profesora Ana Iria.

Este traballo tan espectacular está exposto no vestíbulo da cafeteria.

Noraboa a todo o alumnado participante a súa profesora!!











martes, 22 de outubro de 2024

EXPOSICIÓN SELECCIÓN LECTURAS EN GALEGO

A nosa compañeira Rosa Alonso, profesora do Dpto de Galego, preparou unha selección de lecturas en galego de diferentes temáticas, para conmemorar o Dia das Bibliotecas.

Pasade pola Biblioteca cando queirades, e xa sabedes que as podedes levar, sempre formalizando primeiro o préstamo.















 CLUB DE LECTURA EN INGLÉS

    O Club de Lectura en Lingua Inglesa do IES Lagoa de Antela,Books and Spooks, comezou xa a súa andaina por segundo ano consecutivo, pero contando desta volta cun maior número de integrantes, xa que 22 foron os valentes estudantes de 3º de ESO que se animaron a sumerxirse nas lecturas propostas pola súa profesora. E non dicimos “valentes” porque o Inglés supoña un obstáculo para elas e eles, senón porque a temática dos textos cos que van a traballar está relacionada cos xéneros de misterio e terror.
 
    Así, este primeiro trimestre achegaranse á figura de Edgar Allan Poe, explorando a vida deste autor norteamericano así como algunhas das obras que o converteron en todo un referente literario e unha icona da cultura popular, máis concretamente o poema “Annabel Lee” e dous relatos curtos adaptados.
 
    Estade atentos, porque estas rapazas e rapaces xa están a traballar nunha “spooky literary station” para dar a coñecer ao resto do centro a importancia crucial deste autor e así animar a outras compañeiras e compañeiros a que este Samaín se adentren no macabro mundo imaxinario deste incomprendido xenio da literatura universal.








domingo, 20 de outubro de 2024

EXPOSICIÓN CALABAZAS TUNEADAS

Un curso mais temos lista unha impresionante exposición de calabazas tuteadas, onde participa todo o alumnado da ESO.

De novo traballos espectaculares, onde atoparemos aos gañadores do concurso, que de novo será moi difícil decidir as tres calabazas gañadoras, pola alta participación e os traballos tan espectaculares presentados.

Grazas por tanta creatividade e a disfrutar do Samaín!