BENVIDA AO NOVO CURSO
Todo listo para empezar!!! A vosa Biblioteca xa está preparada!
Bo comezo de curso 2025/26!!
ESPAZOS NOVOS NA BIBLIOTECA
No noso IES, nun lugar destacado da biblioteca, xa temos preparado o recuncho da radio, que montaremos nos vindeiros días e do cal gozaremos tanto neste final de curso, como en todo o que está por vir no seguinte.
Ademais, durante esta semana, a biblioteca renovou a súa imaxe, substituíndo a antiga pizarra dixital por un novo panel dixital, que converterá este espazo tan polivalente do noso centro, nun lugar tecnoloxicamente punteiro, preparado para continuar desenvolvendo unha infinidade de actividades dentro dunha biblioteca LÍA 3.
TERTULIAS LITERARIAS
Na tarde do 3 de abril, celebrouse no Liceo de Ourense unha tertulia literaria moi especial entre o escritor Alberto Mancebo e un grupo de escolares arredor do seu libro Indolente. No fermoso salón da entidade, parte do alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Lagoa de Antela, co libro nas mans, compartiron co autor as súas impresións, preguntas e emocións provocadas pola lectura. Mancebo, próximo e reflexivo, falou da orixe da obra, dos conflitos interiores do protagonista e dos silencios que percorren as páxinas. Os estudantes, atentos e participativos, descubriron novos matices do libro e comprenderon o valor da escrita como ferramenta para coñecerse a un mesmo e aos demais. A tertulia converteuse nun espazo vivo de diálogo entre xeracións, sensibilidades e maneiras de ver o mundo.
ENCONTROS CLUB DE LECTURA- XANEIRO/FEBREIRO
O Club de Lectura reuniuse para comentar as lecturas que os alumnos recibiran para o Nadal e as propostas para os primeiros meses do ano. Durante o encontro, os participantes compartiron as súas impresións sobre os libros seleccionados, debateron sobre as tramas, os personaxes e as emocións que lles provocaron. Foi unha xornada enriquecedora na que se fomentou a interacción e o intercambio de opinións, consolidando o espírito de comunidade literaria entre os membros do club. Agora, todos están máis ansiosos por continuar lendo e compartir as súas novas reflexións nas próximas reunións.
ENTREGA PREMIOS CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2025
O xoves vísperas do comezo das vacacións de Entroido, fixemos entrega dos diplomas e vales aos gañadores/as do Concurso de Máscaras.
Martín, Rodrigo, Lucia e Noa, posan así de contentos cos seus diplomas e nos estamos moi orgullosos de todos eles, polo seu esforzo e polos seus traballos tan espectaculares e ben feitos.
Noraboa!
A RADIO NO IES
O pasado 25 de febreiro varios docentes do IES Lagoa de Antela asistimos a unha formación en Polos creativos, impartida por Roberto sobre a radio.
Durante catro horas estivemos ben atentos, tomando nota e aprendendo todos os segredos que a radio nos depara.
Ao final da xornada, puidemos experimentar en primeira persoa que é a radio, previo montaxe de todo o que implica por en marcha este proxecto.
Unha tarde frutífera e divertida, que produciu todas estas imaxes que vos amosamos.