Os días 7 e 8 de marzo celebráronse en Santiago os Encontros do Plan
Mellora de Bibliotecas Escolares 2012/2013.
Ana Escudero, profesora de Plástica e responsable da biblioteca do noso
centro, participou nunha mesa de experiencias cun relatorio, “A biblioteca como
factor de compensación social”, na cal describiu a posta en marcha durante o
presente curso do préstamo de ordenadores portátiles dende a biblioteca.
A xornada foi moi enriquecedora, coa posibilidade de encontros entre os
responsables de máis de 400 bibliotecas escolares de toda Galicia, ademais da
posibilidade de escoitar na clausura ao magnifico escritor Agustín Fernández
Paz cunha magnifica exposición sobre “A construción do lector”.
Entre as actividades programadas para marzo, mes pola igualdade, destacamos a proxección da película As mulleres de verdade teñen curvas, de Patricia Ferreira. O alumnado de 1º de BAC viu a película e debateu sobre o seu contido. Unha rapaza enfróntase a súa nai para variar o destino que esta lle tiña asignado. Conflitos de xénero, de clase e culturais teñen cabida neste filme de visión recomendada.
Na páxina do STEG encontramos máis información sobre a película.
O grupo
de teatro de 3º de ESO representou dúas adaptacións de “Ramón” de Sergi Belbel
realizadas por Begoña Muñoz Saá.
Nestas
escenas breves unha múltiple personaxe feminina establece un diálogo coa
parella masculina. Cinco mulleres, cansas do comportamento machista das súas
parellas masculinas, rebélanse e deciden abandonalos. O bombardeo de reproches
está salpicado de humore ironía.
Acompañamos as fotos
coa escena de cada representación que corresponde ao momento máis álxido.
MOZAS
[...]
RAMÓN
1: Non aturo máis, de verdade.
RAMÓN
2: Es ti a que non me deixas demostrarche canto te quero.
RAMÓN
3: Mira, interrompiches as miñas demostracións amorosas para dicir... parvadas,
perdoa pero si, parvadas, e a verdade, xa non sei que máis facer.
MULLER
4: Facer? Quen che pide que fagas máis, Ramón?
MULLER
1: O que che pido é que fagas menos, Ramón.
MULLER
2: Non fai falla que fagas tanto, Ramón.
MULLER
3: O que quero
MULLER
4: non é que fagas, o que quero é que non fagas.
MULLER
1: Porque, pasas as horas
MULLER
4: sobándome, Ramón,
MULLER
2: os días e as semanas
MULLER
4: sobándome, Ramón,
MULLER
3: os meses e meses
MULLER
4: sobándome, Ramón. E o único que fas, Ramón é…
MULLER
1 E MULLER 2: É sobarme!
MULLER
4: Só tes unha idea na cabeza. En realidade, non tes cabeza.
MULLER
3: Só che funciona unha parte do corpo.
MULLER
2: E eu o que preciso é
MULLER
1: un home completo, entendes?
MULLER
2: Que teña de todo, entendes?
MULLER
3: Que teña de todo e tamén cabeza, entendes?
Hoxe, día da árbore, da poesía e da eliminación
da discriminación racial lembramos a Wangari Maathai, a primeira muller Doutora de África oriental e premio Nobel da Paz.Nacida en Kenia, creou
un movemento ecoloxista en 1977 ao que chamou “Movemento Cinto Verde”,
convencida de que a ecoloxía era e é un camiño rigoroso e firme para alcanzar a
paz.
Lembramos algunhas palabras
dela.
"Ata que non caves un
buraco, plantes unha árbore, a regues e a fagas sobrevivir, non fixeches nada.
Só estás falando."
"A paz na Terra depende
da nosa capacidade para asegurar o medio ambiente: a degradación ambiental e a pobreza
van xuntas."
"Unha árbore ten raíces
no chan e ramas que rozan o ceo, e recórdanos que para prosperar temos que
saber de onde vimos."
“Non podemos quedar sentadas
a ver como morren de fame os nosos fillos. Se non tedes leña, plantade árbores.”
Mañá é 8 de marzo, deixamos aquí todas as nosas actividades planificadas para o día e para o mes.
O equipo da biblioteca está comprometido co tema da igualdade e propón traballalo todo o ano integrado no currículo das diferentes materias, así como en titoría. Actividades doano pasado.
Vídeos
Nena de 5 anos contra a publicidade sexista
O maltrato “sutil”, derivada da tiranía da beleza