Este curso diseñamos unha ficha para anotar aos alumn@s de 1º ESO que queren levar préstamos antes de ter o seu carnet de biblioteca.
Os carnets levan tempo facelos e cada ano notamos que son cada vez mais, os rapaces que queren facer uso da súa nova biblioteca dende o primeiro minuto que chegan ao instituto.
Estamos convencidos que a labor levada a cabo nos seus respectivos colexios usando a biblioteca de maneira habitual, fai que estas novas xeracións integradas no PLAMBE dende pequenos, encontren natural usar a biblioteca do seu novo centro dende o primeiro día de clase.
É aquí onde o PLAMBE e todo o traballo feito ten a súa recompensa.
domingo, 5 de outubro de 2014
venres, 26 de setembro de 2014
NOVO ESPAZO
Fixemos cambios, o principal a maravillosa libreria que agora ocupa unha das paredes principais da nosa biblioteca.
Sempre contando coa axuda inestimable e necesaria de moitos dos nosos alumnos-as, rematamos antes do previsto co traslado de libros e colocación do mobiliario.
Disfrutade este curso dun soño feito realidade, a nosa nova libreria xa é unha realidade...:)
Todos estamos moi contentos e agradecidos ao equipo directivo por facer realidade unha das nosas peticións dende fai moito tempo...ao final TODO chega...
Sempre contando coa axuda inestimable e necesaria de moitos dos nosos alumnos-as, rematamos antes do previsto co traslado de libros e colocación do mobiliario.
Disfrutade este curso dun soño feito realidade, a nosa nova libreria xa é unha realidade...:)
Todos estamos moi contentos e agradecidos ao equipo directivo por facer realidade unha das nosas peticións dende fai moito tempo...ao final TODO chega...
ABRIMOS!!!
A biblioteca por fin abre as súas portas a un novo ano escolar.
Despois dunha semana de cambios na colocación de mobiliario e de libros ...xa estamos listos!!!
Arrancamos ;)
Despois dunha semana de cambios na colocación de mobiliario e de libros ...xa estamos listos!!!
Arrancamos ;)
luns, 15 de setembro de 2014
ESTAMOS DE CAMBIOS!!!
A
biblioteca está modificando o seu espazo.
Por fin conseguimos unha petición
feita ano tras ano aos diferentes equipos directivos…
Por fin temos e vemos a nosa ansiada ESTANTERIA!!!
Agora queda por diante mover moitisimos libros…pero seguro
que coa axuda de moitos de vos rematamos antes do previsto e disfrutaremos dun
novo espazo que ampliará a nosa biblioteca.
Aquí a tendes…e tamén todo o que queda por mover…ufffff
domingo, 14 de setembro de 2014
BENVIDA Á BIBLIOTECA Curso 2014-15
Ola a tod@s e Benvidos un novo curso a vosa
biblioteca!!!
O equipo de biblioteca xa
está traballando para poder ter listas todas as novidades para o presente
curso.
Espéravos cos brazos
abertos, gozade deste espazo e de todas as vantaxes de pertencer a unha
biblioteca coma a do IES lagoa de Antela.
Recordade que hai que
devolver os préstamos de verán, as mochilas viaxeiras e formalizar os novos
préstamos.
Contades con préstamos
de ordenadores portátiles (xa comezamos ca iniciativa fai dous cursos) e
tamén de libros electrónicos, para o presente curso.
Esperamos as vosas suxestións.
Grazas a tod@s pola vosa
participación e colaboración coa biblioteca.
mércores, 23 de outubro de 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O vindeiro xoves 24 de Outubro conmemórase "O Día das Bibliotecas".
Como agasallo aquí tendes un conto da escritora británica Mónica Hughes que, con seguridade, gustará a moitos de vós.
Acompañamos o conto de varias ilustracións feitas por alumnos e alumnas do centro.
Desde aquí moitas grazas a Kelly Domínguez, a Adolfo Dacal de 1º Bac B e a Zaida Casas de 3º ESO A, que cos seus debuxos representan este precioso conto.
Gozade dun día moi especial e felicidades desde a BIBLIOTECA do IES Lagoa de Antela!!!
O CLARO DO BOSQUE
Erase unha vez un
grupo de nenos aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido
como o permitían os seus pés. A noite véuselles encima, cos seus sons
aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas, e acháronse no medio
dun bosque escuro. Ao non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse
calor e protección e así permaneceron ata o amencer.
Cando saíu o sol, os
nenos viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos
carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os
carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao
final, soamente podían imaxinalo.
¾Eu irei por este lado —dixo un raparigo, e tomou un
dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e
gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e
naquel lugar correu grandes aventuras.
—Este carreiro parece interesante —dixo unha
nena —Non podo imaxinar o que hai á volta do recodo. Por iso, partiu noutra
dirección e pronto se atopou nunha nave espacial, vendo como o sistema solar se
facía máis pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.
—Eu quero atopar unha espada máxica coa que
vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un
neno.
—Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro,
pensando dar batalla ao malvado xigante.
—Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos
os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus
nenos.
—E eu necesito saber como funciona o mundo.
Por que caen as follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero
sabelo todo.
Pronto se foran todos
os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos
diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando que alguén atope
o que se oculta detrás dos seus recodos.
Puxo a súa man sobre
a suave cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
—Este lugar é máxico. Desexo saber como se
chama.
E o claro do bosque
contestoulle: —O meu nome é Biblioteca.
Mónica
Hughes
luns, 21 de outubro de 2013
VISITA OFICIAL DOS GRUPOS DE 1º ESO
A pasada semana os grupos de 1º ESO realizaron a visita oficial á BIBLIOTECA do instituto.
Estas visitas organizadas polo equipo de biblioteca e os titores é algo habitual todos os cursos. Aproveitamos para dar as grazas a Herminia, Teresa, Suso e Elena polas facilidades para poder levar os seus alumnos e alumnas á biblioteca.
Coa visita "oficializamos" a entrada destes rapaces e rapazas neste espazo do centro que se converterá co paso dos meses nun lugar de referencia para todos eles.
Para deixar constancia do seu paso pola BIBLIOTECA fixémoslles entrega a todos do Carnet da Biblioteca coas cores corporativas, azul e laranxa, e tamén lles demos un tríptico deseñado coa intención de deixar claras as normas da BIBLIOTECA. Faise fincapé nas devolucións puntuais dos préstamos, o uso dos ordenadores, o uso da impresora e faise un percorrido pola biblioteca explicando a CDU para que saiban localizar o lugar donde están colocados os libros que buscan.
Recordamos normas básicas como o silencio na sala, deixar todo ordenado ao irse o non comer nela.
E
para que quede constancia do paso destos alumn@s tan importantes para a
nosa biblioteca, deixamos unhas cantas fotos para a posteridade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)