domingo, 26 de abril de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA DO IES DE CELANOVA

Varios profesores-as de diferentes centros de Xinzo, Allariz, Maceda...formamos parte dun grupo de traballo sobre ás Bibliotecas Escolares. 
Fai uns días fixemos unha visita á biblioteca do IES de Celanova.
A súa responsable Isidora, contounos como ela e o seu equipo sacan adiante unha biblioteca tan espectacular. Disfrutade destas fotografías...




CHARLA SOBRE CICLOS FORMATIVOS DE EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL

Dende "A FARIXA" recibiron unha charla os alumnos e alumnas de 4º ESO e  1º e 2º BAC, sobre os Ciclos Medios formativos de Edificación e Obra Civil.
Todo moi interesante, aprendimos e recibimos información dunha posible saida de estudos para o alumnado de Ciencias.





COLEXIOS PÚBLICOS SUECOS

Aquí os presentamos a realidade que en Suecia ten a enseñanza pública. As fotografías que veis son de colexios na actualidade...son preciosos!!!




PLAMBE 2015

O pasado 13 de marzo asistimos aos ENCONTROS DO PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES- PLAMBE en Santiago de Compostela.
Como todolos anos os responsables das bibliotecas escolares xuntamonos para debatir, aprender e coñecer temas relacionados coas bibliotecas.



USO DA BIBLIOTECA

Aquí temos unha mostra de como os nosos alumnos-as usan a biblioteca e todos os recursos que nela atopamos.
Libros, ordenadores, impresoras, pizarra dixital, TV...forman parte do uso diario no espazo da biblioteca do noso centro.





A PRIMAVEIRA NA NOSA BIBLIOTECA...

Unha bonita frase para a nosa biblioteca... Cambio de estación ;)

MURAL DECORATIVO

O pasillo da biblioteca o decora un mural feito coa axuda e participación dos alumno- as de 1º ESO e 3º ESO.
Recortaron unha pomba e escribiron unha frase relacionada coa paz que despois pegaron sobre o mural.
Conmemora O Día da Paz e fainos reflexionar cunha bonita frase de Teresa de Calcuta, "LA PAZ COMIENZA CON UNA SONRISA".