mércores, 15 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro conmemoramos O Día da PAZ. No instituto organizamos varias actividades.
- Exposición na biblioteca dos traballos dos alumnos de 1º ESO
- Lecturas abertas pola Paz, no 1º recreo na biblioteca, por parte de alumnos/as e profes.
- Na entrada do centro decoración coa palabra PAZ en varios idiomas.
Feliz DÍA da PAZ a tod@s!!!
 



domingo, 12 de febreiro de 2017

O PRINCIPIÑO ...LEMOS E VIMOS

O alumnado de 1º ESO puido ver a representación do "O Principiño" no teatro principal de Ourense.
Varios alumn@s pasaron pola biblioteca para ler primeiro este libro tan, tan especial...
Facia moito frío aquela mañá en Ourense, mais non foi problema para tamén aproveitar e poder ver a Catedral, as Burgas e pasear por Ourense.






CLUB DE LECTURA 1º ESO

Aquí vos presento a este estupendo grupo que temos de alumnado de 1º ESO, disposto a disfrutar do Club de lectura...
Durante este mes de Xaneiro, a nosa lectura favorita será "Escarlatina, a Cociñeira defunta" ...


 

PIZARRA BRANCA NA BIBLIOTECA

Xa temos unha pizarra branca na biblioteca. A mercamos a petición do profesorado que usa frecuentemente os espazos da biblioteca. Agora este novo soporte, facilitará as sesións de clase que se impartan na biblioteca.


 

MENXASE DO MES DE XANEIRO

Esta imaxe representa a infinidade de lecturas que podemos atopar sobre o mar...buscade e disfrutade desa temática...


CLUB DE LECTURA 1º ESO

Poñemos a funcionar O Club de lectura do 1º Ciclo da ESO.
Escollimos como primeira lectura "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
E temos preparado para os participantes o libro, o marcapáxinas, unha chapa e o Carnet de participante no Club de lectura. 
Toca disfrutar da lectura!!

 

1ª XUNTANZA DO CLUB DE PROFES

Celebramos a Primeira Xuntanza do Club de profes deste curso, no Primeiro trimestre.
E celebramos o xantar na cociña do noso centro, grazas aos alumn@s de FP Básica de Cociña.
A lectura escollida para inagurar o noso Club este curso, foi " El desorden que dejas " de Carlos Montero, e Premio Primavera 2016.
Foi un rato coma sempre moi agradable e de moito debate, pois a lectura rodeada dun alo de misterio e centrada na nosa profesión, deu moito xogo.
A maioría pensa que foi unha lectura acertada. Gustos dispares á hora de falar do final.
Aquí tendes unas imaxes dese momento...