domingo, 19 de marzo de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DO AMOR

Celebramos a data tan sinalada no noso IES. Fixemos unha exposición co a palabra AMOR escrita en diferentes idiomas, que ademais nos sirviu como fondo para facer un montón de fotos.
Na biblioteca aproveitamos para decorala e facer unha exposición de libros cuxo tema principal fose o amor. 
Disfrutade deste "amoroso día"...:)






 

XA CHEGA O DÍA DO AMOR!!

O 14 de Febreiro a volta da esquina!!!





TRABALLOS FRANCÉS

O alumnado de 2º ESO, elaborou xunto coa a súa profesora Ana Frería, este estupendo traballo sobre as diferentes rexións do noso país veciño, Francia.
Os traballos estiveron expostos nos corchos do edificio Antela.
A biblioteca foi un instrumento que facilitou, a busqueda de información, na realización deste estupendo traballo.








NOVEDADES

Na estanteria de NOVEDADES, vos deixamos as últimas compras que mercamos. Xa podedes disfrutar delas, vos estan agardando.



 

NOVAS LECTURAS NO CLUB DE LECTURA DE PROFES

Aquí temos as novas lecturas escollidas para o noso Club de lectura de profes.
"Vento ferido" de Casares e " A ferida do vento" de Antón Riveiro Coello.
Disfrutade delas!!!!


 

A GARDA CIVIL NO IES

A Garda Civil e a Direccion Xeral de Tráfico, estivo no noso centro, para concienciar dunha condución respetuosa e as consecuencias dos malos hábitos que poden acarrear tremendos accidentes.
Xa sabedes...as normas están para ser cumpridas!!




 

xoves, 9 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O 11 de Febreiro é "O Dia Internacional da Muller e da Nena na Ciencia". 
A nosa Biblioteca fai unha homenaxe as mulleres científicas e as futuras, con este estupendo cartel.