domingo, 22 de novembro de 2020

CONCURSO LEMAS

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero, o IES Lagoa de Antela convoca un concurso de LEMAS.

O obxecto do concurso é promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro do noso centro, a través dunha acción que fomente a participación do alumnado no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.




ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN REDE

As pasadas xornadas 19, 20 e 21 de novembro, celebráronse os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, esta vez na rede.

Estivemos conectados mais de 800 docentes galegos, e aproveitamos para recoller ideas e sentirnos identificados co moito traballo que hai detrás das nosas bibliotecas escolares.

Poñentes de diferentes ámbitos falaron do papel das bibliotecas escolares, dos cambios destes últimos anos e do traballo feito na etapa do confinamento.

Interesante!!

Ahí deixamos algunhas intervencións.







CLUB DE LECTURA 4º ESO

Poñemos en marcha os Clubs de lectura.

Este ano intentando adaptarnos ás circunstacias que tocanos vivir, coa crise do COVID.

Non poderemos ter reunións físicas, pero aproveitaremos todas ás visitas que fagan estos alumnos/as á biblioteca, para falar da nosa lectura deste trimestre.

As opinións sobre ela, serán entradas que faremos desde este mesmo blog da Biblioteca.

Empregaremos a "Hora de ler" semanal, que temos instaurada no centro para continuar coa lectura e o tempo que cada un queira invertir na sua casa.

Escollimos "Finis mundi" de Laura Gallego.

Espero que vos guste un montón!

Por certo... o Club de lectura de 4º ESO, está aberto para quen se queira apuntar!!

De momento deixamos foto dos compoñentes deste marabilloso club: Nadia, Alex,  Cristina, Alba e Lorena. 

Adiante e boas lecturas!!



DEVOLUCIÓN PRÉSTAMOS

A petición do alumnado do centro, cambiamos de sitio as caixas de devolucións de préstamos da Biblioteca, deste curso.

Agora a tendes na entrada da Biblioteca, pero fora do espazo da Biblioteca. Xa que ao estar só aberta nos recreos, tiñades dificuldade en formalizar as devolucións.

A partir desta semana, podedes deixar os vosos libros na caixa correspondente de devolución e coarentena, durante todo o horario lectivo da toda a semana.

Grazas pola vosa colaboración!!





DIA DAS LIBRERIAS

O pasado 13 de Novembros, celebrouse o "Día das Librerias".



PREMIOS CONCURSO CALABAZAS TUNEADAS

Fai uns dias, entregamos os premios aos gañadores do concurso de calabazas tuteadas. 

Ahí os tendes, orgullosos dos seus traballos e con os seus premios e diplomas.

Moitas felicidades a todos/as! Sodes uns artistas!!

1º Premio 1º ESO: Gabriel Rodríguez Gómez, 1º C

2º Premio 1º ESO: Beatriz Anca Neaga, 1º D

1º Premio 3º ESO: Cristina Rodrígues Rodríguez 3º B

2º Premio 3º ESO: Sara Bechiki Pérez, 3º C









CONCURSO CALABAZAS TUNEADAS

Aqui vos deixamos uns exemplos dos espectaculares traballos feitos polo alumnado, que se presentou ao concurso.