xoves, 4 de febreiro de 2021

VISIBILIZAMOS O DÍA DA PAZ

    Este curso, no espazo que compartimos toda a Comunidade educativa, diante da cafetería, visibilizamos o DÍA DA PAZ, cun escaparate, cos traballos feitos polo alumnado na materia de EPV.

Mais que nunca sentimos a necesidade de ter e compartir momentos de PAZ e relaxación entre todos nos.










mércores, 3 de febreiro de 2021

NOVAS ESTANTERIAS

    Que maravilloso agasallo atopamos ao noso regreso das vacacións de Nadal, na Biblioteca. 

Temos novas estanterías que fan do espazo da Biblioteca, un lugar ainda moito mellor. E unha porta corredera de entrada, que facilita o acceso e fai visualmente, mais aberta a nosa Biblioteca. 

Agora por diante, moitisimo traballo de colocación dos libros, que faremos con moita ilusión.

GRAZAS!!





BIBLIOTECA, LUGAR MULTIDISCIPLINAR

    O espazo da Biblioteca sempre é un lugar especial. Nesta época que nos toca vivir e que todo resulta tan complicado, agradecese ver a Andrés, alumno de 3º ESO C, que non dúbida ni por un instante, en facer dos ratos de lecer, un momento de relaxación e tranquilidade, facendo ganchillo, nun dos mellores espazos do noso IES.





domingo, 31 de xaneiro de 2021

BENVIDO 2021

Que gañas de que veña!!!



GAÑADORES TORNEO XADREZ

    Na biblioteca os profesores Horacio e Miguel e a Xefa de estudos, Ana Martínez, fixeron entrega dos premios aos gañadores do Torneo de xadrez.






TORNEO XADREZ

    Durante o primeiro trimestre deste curso o Dpto de EPV e o Dpto de Educación Física, organizaron unha actividade interdepartamental. Ademais a Biblioteca, proporcionou a merca de varios exemplares de libros relacionados co xadrez, para poder levar a cabo ista experiencia.

Dita actividade, consistía en diseñar por parte dos grupos de 1º ESO, na materia de EPV, dirixido polo seu profesor Horacio, o diseño das pezas dun xadrez e o seu damero, coa técnica de papiroflexía.

Por parte do Dpto de Educación Física, o alumnado de 1º ESO co seu profesor Miguel, aprendieron a por en práctica o deporte do xadrez.

O último día de clases do primeiro trimestre, na Biblioteca tivo lugar un torneo. 

Aqui vos deixamos algunhas fotos da actividade.












 


ENTREGA PREMIOS CONCURSO POSTAL NADAL 2020

    Na zona común da entrada da cafetería do noso IES, fixemos a entrega dos premios do Concurso das Postais de Nadal, axudados pola Xefa de Estudos Ana Martínez, a Vicedirectora Belén Castro e o compañeiro do Dpto de Debuxo Horacio.

Os gañadores recibiron un diploma e un cheque agasallo para gastar nunha librería de Xinzo.

Moitas felicidades!!