DIA DA PAZ NO IES
Tamén na entrada do IES, visibilizamos o Día da PAZ.
VISIBILIZAMOS O DÍA DA PAZ
Este curso, no espazo que compartimos toda a Comunidade educativa, diante da cafetería, visibilizamos o DÍA DA PAZ, cun escaparate, cos traballos feitos polo alumnado na materia de EPV.
Mais que nunca sentimos a necesidade de ter e compartir momentos de PAZ e relaxación entre todos nos.
NOVAS ESTANTERIAS
Que maravilloso agasallo atopamos ao noso regreso das vacacións de Nadal, na Biblioteca.
Temos novas estanterías que fan do espazo da Biblioteca, un lugar ainda moito mellor. E unha porta corredera de entrada, que facilita o acceso e fai visualmente, mais aberta a nosa Biblioteca.
Agora por diante, moitisimo traballo de colocación dos libros, que faremos con moita ilusión.
GRAZAS!!
BIBLIOTECA, LUGAR MULTIDISCIPLINAR
O espazo da Biblioteca sempre é un lugar especial. Nesta época que nos toca vivir e que todo resulta tan complicado, agradecese ver a Andrés, alumno de 3º ESO C, que non dúbida ni por un instante, en facer dos ratos de lecer, un momento de relaxación e tranquilidade, facendo ganchillo, nun dos mellores espazos do noso IES.
TORNEO XADREZ
Durante o primeiro trimestre deste curso o Dpto de EPV e o Dpto de Educación Física, organizaron unha actividade interdepartamental. Ademais a Biblioteca, proporcionou a merca de varios exemplares de libros relacionados co xadrez, para poder levar a cabo ista experiencia.
Dita actividade, consistía en diseñar por parte dos grupos de 1º ESO, na materia de EPV, dirixido polo seu profesor Horacio, o diseño das pezas dun xadrez e o seu damero, coa técnica de papiroflexía.
Por parte do Dpto de Educación Física, o alumnado de 1º ESO co seu profesor Miguel, aprendieron a por en práctica o deporte do xadrez.
O último día de clases do primeiro trimestre, na Biblioteca tivo lugar un torneo.
Aqui vos deixamos algunhas fotos da actividade.