EXPOSICIÓN DA CÉLULA
A nosa compañeira do Dpto. de Bioloxía traballou co alumnado a célula e montaron esta interesante exposición.
Noraboa polos estupendos traballos feitos!
NOVO ESPAZO MULTIUSOS
Tamén durante o verán as obras realizadas nunha parte do IES, fixo que xurdira a creación dun novo espazo multiusos, que poderá usar o alumnado nos períodos de lecer e tamén en obradoiros, encontros co escritores e actividades variadas.
Á espera do mobiliario, xa empezamos a usarlo.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso de reforma!
A de cousas que vamos facer neste espazo tan bonito!
REFORMA BIBLIOTECA
Coa nosa participación no Plan LIA 3, e as dotacións asignadas para invertir no espazo da Biblioteca, durante o periodo vacacional do verán, a Biblioteca do noso centro estivo de obras.
Tiramos tabiques, cambiamos fiestas, puXemos chan novo, renovamos A cor das paredes, cambiamos as luces e mercamos mobiliario novo.
O cambio foi espectacular e agora temos un lugar aínda máis bonito que antes da reforma, máis recordemos que xa era un lugar estupendo do IES.
Aquí deixamos algunhas fotos do proceso e o resultado final.
Encantados co cambio que experimentou.
ENTREGA PREMIOS CARLOS CASARES
Fai unhas semanas no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia, o alumnado premiado na convocatoria dos concursos de "O principiño" e "Unha cuberta para Florencio D. Gurriarán", recibieron os seus premios, nun acto moi entrañable.
Noraboa a todos/as os premiados/as!!
Concurso " Unha cuberta para Florencio Delgado Gurriarán"
- Categoría B1, 1º e 2º de Secundaria:
1º Nerea Paz Martínez, por "Terra infunda"
2º Iria Morales Ferreira, por "O meu jogar"
- Categoría B1, 1º e 2º de Secundaria:
1º Eduardo Pérez Vázquez, por "As palabras"
2º Iria Ramos Cano, por " Xirasol"
Concurso " O principiño" ( 50 aniversario da edición galega d' O Principiño")
- Categoría B1, 1º e 2º de Secundaria:
1º Cristina Rodrígues Rodríguez, por " Mirada ao infinito"
2º Rodrigo Díaz Enríquez, por " Mirando as estrelas"
Accésit a Brais Desaíras Corbillón por, " A lúa branca"
Accésit a Xiana Carballo Rivero por, " Bela"