ROSALÍA DA MAN DOS ARTISTAS DO IES LAGOA DE ANTELA
Na materia de EPV, o alumnado traballou as texturas coa imaxe de Rosalía de Castro como protagonista.
Aquí deixamos algúns dos resultados que se encontran expostos no corredor da biblioteca.
VISIBILIZAMOS A ROSALIA DE CASTRO
Á volta do Entroido toca unha nova celebración, así que desde a Biblioteca visibilizamos a nosa querida Rosalía e preparamos un montón de actividades para conmemorar esta data tan especial.
Neste enlace ao blog de ENLD, tendes todas as actividades realizadas:
asi-foi-o-dia-de-rosalianeste-2023.
GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 3º ESO
Xa temos os gañadores da 26ª edición do Concurso de Máscaras desde ano na categoría de 3º ESO.
Traballos feitos con moita calidade, que fixeron moi difícil escoller os gañadores.
Moitas felicidades polo voso traballo!
1º PREMIO: Aitana Rodríguez Feijóo de 3º ESO B
2º PREMIO: Uxía Nieto Saburido de 3º ESO B
3º PREMIO: Laura Martínez Méndez de 3º ESO A
GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 1º ESO
Xa temos os gañadores da 26ª edición do Concurso de Máscaras desde ano na categoría de 1º ESO.
Aquí vos deixamos aos participantes e as súas estupendas máscaras.
Noraboa polo magnífico traballo feito!
1º PREMIO: Eloi Rodríguez Pérez de 1º ESO D
2º PREMIO: Carlos González Rodríguez de 1º ESO B
3º PREMIO: Lara Conde Gómez de 1º ESO B