TERTULIAS LITERARIAS
xoves, 18 de xaneiro de 2024
Un grupo de alumnos de 1º BACH do IES Lagoa de Antela asistió o día 17 de xaneiro ás Tertulias Literarias en galego organizadas polo Concello de Ourense.
Este ano propúxose a lectura da obra teatral As alumnas de Paula Carballeira que plantexa temas de interese para o noso alumnado como son: a loita polos dereitos, a denuncia do machismo e a importancia da educación no desenvolvemento dos seres humanos.A sesión dividiuse en dúas actividades. En primeiro lugar, de 16 a 18 h, o noso alumnado debatiu con alumnos do IES de Allariz e IES de Maceda sobre os distintos aspectos do libro como: a dualidade das persoaxes, a vixencia da obra e a importancia do galego na actualidade. En segundo lugar, de 18 a 20 h, o alumnado coñeceu á autora ca que mantiveron un coloquio moi sucestivo, valorando o papel fundamental do teatro na nosa sociedade.
luns, 8 de xaneiro de 2024
PORTAS NADAL GAÑADORAS
Xa temos o resultado das portas gañadoras do Concurso que fixemos este Nadal.
E son: o grupo de 1º ESO E,da tutoría de Ana Iria e o grupo de 3º ESO C, da tutoría de Julia.
Noraboa por as vosas bonitas portas e en nada organizaremos una merendola na cafetería de Manolo para celebralo!
luns, 18 de decembro de 2023
CADERNOS DE CAMPO co alumnado de 1º ESO
O caderno de campo é unha ferramenta imprescindible para coñecer a natureza.
Permítenos deixar voar a imaxinacion e gardar información de aquelo que máis nos interese e da maneira que máis nos guste.
Podemos debuxar, podemos escribir, podemos recoller e pegar nel aquelo que nos chama a atención…
Ademais, cada día podemos facelo dunha forma diferente.
Con esta intención o alumnado de 1º ESO pasou varios días recollendo información sobre a natureza que os rodea preto das súas casas.
Recolectaron datos de rochas e minerais, observaron insectos, fungos, mamíferos, aves…
Algúns empregaron aplicacións para identificar a flora e a fauna, e outros optaron por debuxar aquelo que máis lles gustaba. Apuntando sempre onde e cando se recollían os datos.
Unha mostra do seu trabalho realizado polo alumnado de 1º ESO coa axuda da sua profesora Lucia Parente, foi o que puxemos no corredor do centro.
Pero aínda queda moita información por recoller e moita biodiversidade que observar, os cadernos seguiran recollendo tesouros ao longo do curso, e algúns quizais depois.
domingo, 17 de decembro de 2023
sábado, 16 de decembro de 2023
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












.jpg)






























