mércores, 4 de xuño de 2025

 MOCHILAS VIAXEIRAS

Un curso máis chegamos ao final de curso e desde a Biblioteca poñemos a vosa disposición o préstamo das Mochilas Viaxeiras.

Na biblioteca tendes toda a información que precisades.

Boas lecturas neste verán.





xoves, 3 de abril de 2025

TERTULIAS LITERARIAS

Na tarde do 3 de abril, celebrouse no Liceo de Ourense unha tertulia literaria moi especial entre o escritor Alberto Mancebo e un grupo de escolares arredor do seu libro Indolente. No fermoso salón da entidade, parte do alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Lagoa de Antela, co libro nas mans, compartiron co autor as súas impresións, preguntas e emocións provocadas pola lectura. Mancebo, próximo e reflexivo, falou da orixe da obra, dos conflitos interiores do protagonista e dos silencios que percorren as páxinas. Os estudantes, atentos e participativos, descubriron novos matices do libro e comprenderon o valor da escrita como ferramenta para coñecerse a un mesmo e aos demais. A tertulia converteuse nun espazo vivo de diálogo entre xeracións, sensibilidades e maneiras de ver o mundo.







mércores, 12 de marzo de 2025

OLIMPIADA MATEMÁTICA

O Dpto de matemáticas celebra unha semana de moitas actividades no espazo da aula creativa, para conmemorar a semana das matemáticas.

Xogos, charlas e encontros que seguro disfrutaremos todos e todas con moitas gañas.








sábado, 8 de marzo de 2025

8 M DÍA DA MULLER

Visibilizamos o 8M, Día da Muller traballadora, cunha exposición de libros na Biblioteca, da que esperamos a aproveitedes para que sexa fonte de inspiración nesta data tan reivindicativa.











mércores, 5 de marzo de 2025

ENCONTROS CLUB DE LECTURA- XANEIRO/FEBREIRO

O Club de Lectura reuniuse para comentar as lecturas que os alumnos recibiran para o Nadal e as propostas para os primeiros meses do ano. Durante o encontro, os participantes compartiron as súas impresións sobre os libros seleccionados, debateron sobre as tramas, os personaxes e as emocións que lles provocaron. Foi unha xornada enriquecedora na que se fomentou a interacción e o intercambio de opinións, consolidando o espírito de comunidade literaria entre os membros do club. Agora, todos están máis ansiosos por continuar lendo e compartir as súas novas reflexións nas próximas reunións.



luns, 3 de marzo de 2025

SAÍMOS NO XORNAL LA REGIÓN

Como todos os anos por estas datas o noso Concurso de Máscaras sae no especial do ENTROIDO do xornal LA REGIÓN.





venres, 28 de febreiro de 2025

ENTREGA PREMIOS CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2025

O xoves vísperas do comezo das vacacións de Entroido, fixemos entrega dos diplomas e vales aos gañadores/as do Concurso de Máscaras.

Martín, Rodrigo, Lucia e Noa, posan así de contentos cos seus diplomas e nos estamos moi orgullosos de todos eles, polo seu esforzo e polos seus traballos tan espectaculares e ben feitos.

Noraboa!