domingo, 19 de marzo de 2017

TRABALLOS FRANCÉS

O alumnado de 2º ESO, elaborou xunto coa a súa profesora Ana Frería, este estupendo traballo sobre as diferentes rexións do noso país veciño, Francia.
Os traballos estiveron expostos nos corchos do edificio Antela.
A biblioteca foi un instrumento que facilitou, a busqueda de información, na realización deste estupendo traballo.








NOVEDADES

Na estanteria de NOVEDADES, vos deixamos as últimas compras que mercamos. Xa podedes disfrutar delas, vos estan agardando.



 

NOVAS LECTURAS NO CLUB DE LECTURA DE PROFES

Aquí temos as novas lecturas escollidas para o noso Club de lectura de profes.
"Vento ferido" de Casares e " A ferida do vento" de Antón Riveiro Coello.
Disfrutade delas!!!!


 

A GARDA CIVIL NO IES

A Garda Civil e a Direccion Xeral de Tráfico, estivo no noso centro, para concienciar dunha condución respetuosa e as consecuencias dos malos hábitos que poden acarrear tremendos accidentes.
Xa sabedes...as normas están para ser cumpridas!!




 

xoves, 9 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O 11 de Febreiro é "O Dia Internacional da Muller e da Nena na Ciencia". 
A nosa Biblioteca fai unha homenaxe as mulleres científicas e as futuras, con este estupendo cartel.



 

2º LECTURA CLUB DE LECTURA 1º ESO

Xa estamos coa segunda lectura no noso estupendo Club de Lectura de 1º ESO.
Nesta ocasión eliximos unha lectura en castelán, "Nata y chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo.



CREPES NA COCIÑA DO IES

Ata a cociña do noso instituto, o alumnado de 2º BAC de Francés acercaronse para facer uns deliciosos crepes.
O grupo estivo moi atento as explicacións de Jacobo, o profe de Cociña e de Rebeca a profe de Francés.