DE CHÁCHARA NA BIBLIOTECA
Calquera momento é bo para pasar un rato na Biblioteca...
ROSALÍA NA TÚA MAN NO IES LAGOA DE ANTELA
O alumnado escoitou a música dos poemas de Rosalía, escolleu o tema que máis lle gustou, creou centóns colectivos escollendo o verso que máis lle gustou da exposición e xogou cos poemas e a súa música facendo un genially por equipos.
Aquí vos deixamos o enlace ao blog de ENLD do noso IES:
asi-foi-o-dia-de-rosalia-neste-2023.html
VISIBILIZAMOS A ROSALIA DE CASTRO
Á volta do Entroido toca unha nova celebración, así que desde a Biblioteca visibilizamos a nosa querida Rosalía e preparamos un montón de actividades para conmemorar esta data tan especial.
Neste enlace ao blog de ENLD, tendes todas as actividades realizadas:
asi-foi-o-dia-de-rosalianeste-2023.
GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 3º ESO
Xa temos os gañadores da 26ª edición do Concurso de Máscaras desde ano na categoría de 3º ESO.
Traballos feitos con moita calidade, que fixeron moi difícil escoller os gañadores.
Moitas felicidades polo voso traballo!
1º PREMIO: Aitana Rodríguez Feijóo de 3º ESO B
2º PREMIO: Uxía Nieto Saburido de 3º ESO B
3º PREMIO: Laura Martínez Méndez de 3º ESO A