domingo, 25 de abril de 2021

ENTREGA CARNETS BIBLIOTECA AO ALUMNADO DE 1º ESO

Neste mes tan especial de lectura, aproveitamos para facer entrega dos carnets da Biblioteca ao alumnado de 1º ESO, e tamén para facer a entrega do marcapáxinas gañador, que conmemora " O día do libro", no instituto.

Axudada polas compañeiras María José Lorenzo, profesora de Lengua española e Patricia, profesora de Lingua Galega, pasamos un bo rato co alumnado de 1º ESO, explicandolles o funcionamento da Biblioteca e contestando a todas as suas dúbidas e preguntas (que foron moitas), sobre a Biblioteca.

Encantados de contar cun público tan tan especial!!

Benvidos/as a vosa Biblioteca!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario