martes, 6 de xullo de 2021

ENTREGA PREMIOS CARLOS CASARES

O pasado 24 de xuño, a Fundación Carlos Casares en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, fixo entrega dos premios aos diferentes concursos convocados, para o mes das Letras Galegas.

Noso centro na materia de EPV, presentamos varios traballos, para o "Deseño dunha portada para Xela Arias", e no Concurso de "Toribio".

Levamos 6 premios!!

Así que desde o Dpto de Debuxo, Horacio o meu compañeiro e eu mesma, Ana Escudero, estamos moi orgullosos dos vosos magníficos traballos e de todas as felicitacións recibidas polo nivel tan alto das obras presentadas.

Agora disfrutade dos vosos merecidísimos premios!!! Noraboa!!

Enlace da noticia:

http://fundacioncarloscasares.org/2021/06/25/o-alumnado-da-limia-protagonista-dos-concursos-de-debuxo/






Ningún comentario:

Publicar un comentario