sábado, 23 de abril de 2022

MARCAPÁXINAS GAÑADOR 

Como todos os anos, desde a Biblioteca en colaboración co Dpto de Debuxo, convocamos o concurso de marcapáxinas na materia de EPV, en 3º ESO.

A gañadora deste ano, foi Alba García Feijóo, de 3º ESO B. Cun bonito traballo que reflicte perfectamente o concepto de marcapáxinas.

Repartiremos o marcapáxinas a toda a comunidade educativa e a todo o alumnado de 6º de Primaria, dos colexios adscritos ao noso centro.

Acompaña o marcapáxinas, un texto de "O principiño" de Antoine de Saint-Exupéry. Celebramos o 50º aniversario da tradución ao galego desa obra maxistral.

"Pregúntome se as estrelas se iluminan co fin de que algún día, cada un, poida atopar a súa"





Ningún comentario:

Publicar un comentario