mércores, 12 de abril de 2023

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA NO IES LAGOA DE ANTELA

O pasado mércores 12 de abril, o Dpto. de Debuxo en colaboración coa Fundación Carlos Casares, organizou a terceira edición do obradoiro de Banda deseñada dirixido ao alumnado do IES Lagoa de Antela, contando coa presenza do ilustrador Cristian Fojón Caruncho.

Unha selección de 12 alumnos/as de diferentes niveis, con talento artístico destacable, participaron nesta edición durante catro horas da xornada lectiva dese día.

A mañá foi moi produtiva, coa masterclass dividida en dúas partes. Unha primeira parte, onde Cristian explicou e ensinou técnicas de debuxo e relatou cales son as súas fontes de inspiración para os seus debuxos e outra segunda parte onde o alumnado tivo a oportunidade de comenzar a debuxar un cómic, que traballaremos durante o terceiro trimestre, con previsión de presentarnos a XI Certame de banda deseñana "AXI".

Ademais aproveitamos para ensinar a Cristian a evolución do noso novo fanzine.

Aquí tendes un enlace para poder ver máis fotografías desa xornada.

Obradoiro Cristian F. Caruncho












Ningún comentario:

Publicar un comentario