1ª LECTURA CLUB DE LECTURA ALUMNADO 24/25
1ª LECTURA- AUDIOLIBRO INVISIBLE
O Club de lectura do IES Lagoa de Antela “Nós tamén navegar” formado polo alumnado de 3º e 4º de ESO inaugurouse ca obra Invisible de Eloy Moreno.
Desta volta, achegámonos á obra a través do audiolibro, facendo uso da plataforma E-LBE.2. Así, descubrimos moitos dos beneficios deste instrumento como a mellora da concentración e da imaxinación, posibilitan escoitalos mentres se fan tarefas e permiten conectar emocionalmente cas voces do libro.
Durante as reunións, imos comentando cuestións básicas do libro, sacamos reflexións persoais sobre a experiencia lectora e mesmos debatimos sobre as nosas preferencias como ¿libro en papel ou audiolibro?
Ningún comentario:
Publicar un comentario