18 DE DECEMBRO- AMIGO INVISIBLE LECTOR
Dende o club de lectura “Nós tamén navegar” do IES Lagoa de Antela, convidamos ao profesorado a participar na actividade “Amigo invisible lector”.
Esta é unha variante do xogo clásico, pero no que, en lugar de regalar obxectos, cada participante debe agasallar un libro a outra persoa do grupo, que se lle asignará de xeito segredo. As regras son semellantes: sortéase quen será o "amigo invisible" de cadaquén e, tendo en conta os gustos literarios, cada un elixe un libro que cre que o seu "amigo invisible" vai disfrutar.
A entrega de libros tivo lugar o día 18 de decembro na Biblioteca do IES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario