mércores, 26 de febreiro de 2025

 A RADIO NO IES

    O pasado 25 de febreiro varios docentes do IES Lagoa de Antela asistimos a unha formación en Polos creativos, impartida por Roberto sobre a radio.

Durante catro horas estivemos ben atentos, tomando nota e aprendendo todos os segredos que a radio nos depara.

Ao final da xornada, puidemos experimentar en primeira persoa que é a radio, previo montaxe de todo o que implica por en marcha este proxecto.

Unha tarde frutífera e divertida, que produciu todas estas imaxes que vos amosamos.










Ningún comentario:

Publicar un comentario