mércores, 11 de febreiro de 2026

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

PARTE 1 (Actividad Sec Bil): 

Os alumnos e alumnas da sección bilingüe de Física e Química do curso 3º ESO A realizaron un traballo de revisión bibliográfica para recopilar información sobre doce científicas que, ou ben naceron en Galicia ou levan a cabo a súa labor investigadora na nosa comunidade. 


A partir dos datos recollidos deseñaron unha serie de pósters que foron expostos na biblioteca para conmemorar o día da muller e da nena na ciencia (11 de febreiro).


Con esta actividade o alumnado tomou conciencia da calidade e impacto da actividade científica desenvolvida por mulleres na actualidade e na súa contorna mais próxima.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario