EXPOCIENCIA EUROPEA
Este xoves, 26 de marzo, tres alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, parten cara Bruselas para representar a España na Expociencia europea, cun traballo sobre a contaminación das augas na Limia. O alumnado participante neste evento é:
Lucía Gómez Feijoo
Noa Rodríguez Enríquez
Hugo Camino García
Irán acompañados polo seu profesor, Miguel Yebra.
Desexámoslle moita sorte e agradecemos inmensamente o esforzo realizado para levar tan lonxe o nome do noso centro.
Parabéns ao alumnado e o seu profesor, xa que foron os únicos seleccionados en toda España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario