Aquí deixamos as máscaras gañadoras deste ano.
Noraboa ao nosos alumnos/as por estos traballos tan ben realizados!
Sodes unh@s artistas!!!
A RADIO NO IES
O pasado 25 de febreiro varios docentes do IES Lagoa de Antela asistimos a unha formación en Polos creativos, impartida por Roberto sobre a radio.
Durante catro horas estivemos ben atentos, tomando nota e aprendendo todos os segredos que a radio nos depara.
Ao final da xornada, puidemos experimentar en primeira persoa que é a radio, previo montaxe de todo o que implica por en marcha este proxecto.
Unha tarde frutífera e divertida, que produciu todas estas imaxes que vos amosamos.
GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2025
Xa temos os gañadores da 28º edición do Concurso de Máscaras do Entroido que o Dpto de Debuxo, organiza todos os anos.
Foi moi complicado decidir as gañadoras deste ano, traballos de alto nivel, con moita creatividade en xogo e cunha execución impecable.
Aqui vos presentamos aos gañadores de 3º ESO:
1º PREMIO: Martín Arredondo Morales 3º ESO A
2º PREMIO: Rodrigo Barreiro Gomes 3º ESO A
3º PREMIO: Lucia García Feijoo 3º ESO C
A ganadora de 1º eso foi:
1º PREMIO: Noa Carballo Rivero 1º ESO D
EXPOSICIÓN 28º CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO
Presentamos este ano a 28ª edición do Concurso de Máscaras do Entroido.
Este ano foron presentadas ao concurso 86 máscaras en total, 28 na categoría de 1º ESO e 58 na categoría de 3º ESO.
Aquí vos deixamos os paneis que decoran o IES e que xa anticipan o tan desexado Entroido na Limia!
Noraboa a todo o alumnado pola sua participación e os traballos tan espectaculares que vemos estos días expostos.
11 DE FEBREIRO DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe é un día para reflexionar sobre os logros acabados e recoñecer os desafíos que ainda enfrontan as mulleres neste eido.
Sigamos inspirando ás futuras xeracións a perseguir os seus soños científicos, porque a ciencia precisa da voz o do talento de todas as personas.
E aquí deixamos a exposición feita polo alumnado de bioloxía de 4º ESO PDC e 1º BAC, que está exposta na entrada da cafetería.
Desfrutade dela!