mércores, 1 de abril de 2026

EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS MES DE ABRIL

Como todos os anos por estas datas e para celebrar o mes de Abril mes dos libros a biblioteca junto co Dpto de Debuxo organizamos varias exposición de fotografia. Este ano están de volta a exposición fotográfica a toa mirada un libro e a exposición o libro viaxeiro, que tanto éxito ten entre o alumnado participante.












xoves, 26 de marzo de 2026

EXPOCIENCIA EUROPEA

Este xoves, 26 de marzo, tres alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, parten cara Bruselas para representar a España na Expociencia europea, cun traballo sobre a contaminación das augas na Limia. O alumnado participante neste evento é:

Lucía Gómez Feijoo
Noa Rodríguez Enríquez
Hugo Camino García

Irán acompañados polo seu profesor, Miguel Yebra.

Desexámoslle moita sorte e agradecemos inmensamente o esforzo realizado para levar tan lonxe o nome do noso centro.

Parabéns ao alumnado e o seu profesor, xa que foron os únicos seleccionados en toda España.

Moi orgullosos!!








mércores, 25 de marzo de 2026

VISITA ESCRITOR CARLOS NEGRO

O pasado 25 de marzo visitounos o escritor Carlos Negro. Compartimos un bo rato de conversa e postas en común de diferentes lecturas que fixo crear un ambiente propicio de disfrute co alumnado de 2º ESO.

Moitas grazas a todos pola organización de este encontro.









martes, 24 de marzo de 2026

EXPOSICIÓN LA RATONERA NO DÍA DO TEATRO

O alumnado de 2º ESO, xunto coas suas profesoras Chus e Claudia, fixeron uns traballos estupendos que están expostos na Biblioteca, para conmemorar o día do Teatro, o 24 de marzo.

Pasade cando queirades a ver as cousas tan bonitas que fixeron os alumnos/as de 2º ESO.

Parabéns a todos/as!!














venres, 20 de marzo de 2026

VISIBILIZAMOS O DÍA DA POESÍA E O DÍA DO TEATRO

O vindeiro 21 de Marzo conmemoramos o Día da Poesía e o vindeiro 24 de Marzo conmemoramos o Dia do Teatro.

Desde a Biblioteca visibilizamos esas datas, con exposición e poesía .

Moitas grazas por participar !!









mércores, 18 de marzo de 2026

RADIO NAS ONDAS

Atención! convocamos concurso para crear o logo para a nosa radio.

Bases a continuación.

Anímate a participar!





ENTREGA PREMIOS CONCURSO MÁSCARAS

Por fin atopamos un rato para a entrega dos diplomas e premios ao alumnado gañador do concurso de máscaras de Entroido.

Parabens polos traballos tan estupendos gañadores nesta edición.