domingo, 18 de outubro de 2020

DEVOLUCIÓN LIBROS

Dentro do marco do protocolo COVID, desde a Biblioteca este curso, tendes a posibilidade de facer moi rápida a devolución dos vosos préstamos.

Na primeira mesa do espazo da Biblioteca, tendes cinco caixas, unha por cada día da semana. Podedes simplemente acercarvos á Biblioteca, e deixar o libro que queredes devolver, na caixa correspondente ao día que facedes a devolución do voso libro.

O equipo de biblioteca xestionará tres días despois,  pasado o período de cuarentena de tres días, (ao estar forrados con plástico os libros da nosa Biblioteca), a vosa devolución.

Fácil e moi, moi rápido!!

Este curso non tendes excusa, para non estar ao día nas devolucións dos libros prestados pola Biblioteca.




Ningún comentario:

Publicar un comentario