domingo, 18 de outubro de 2020

 PRÉSTAMO DO "DÍA SEGUINTE"

Como sabedes a Biblioteca, no presente curso, vos permite ir presencialmente a solicitar as vosas lecturas como sempre.


Este curso desde o equipo de Biblioteca, propoñemosvos outra maneira de prestar libros, o chamado " Préstamo do día seguinte”.


Para elo deseñamos unha ficha, que estará a vosa disposición en todas as aulas e na entrada da Biblioteca. A idea é que a cubrades e nos a fagas chegar ao Equipo de biblioteca, ben deixando a vosa petición nunha bandeixa, que estará sempre na entrada da Biblioteca, o ben entregando as vosas peticións ao profesorado que vos imparte clases, e que despois as achegaran á Biblioteca.


O día seguinte da vosa petición, poderedes vir a recoller a vosa lectura. Estarán na primeira mesa, dentro do espazo da Biblioteca.










Ningún comentario:

Publicar un comentario