martes, 11 de maio de 2021

HORA DE LER

Esta semana continuamos co horario de Hora de ler. Aquí vos deixamos algunhas fotos, das sesións en dous grupos de 3º ESO, con Ana Escudero Responsable da Biblioteca.

Falamos de libros, entramos no blog da biblioteca, o alumnado presentou as súas lecturas.

Lemos en varios formatos, en papel, en libro electrónico, desde o Proyecto ELBE, desde os seus móbil, desde as tablets...

Como sempre un rato estupendo para falar de lectura e descubrir moitos libros interesantes que mercar para a nosa biblioteca!!

Grazas polas vosas suxerencias!





Ningún comentario:

Publicar un comentario