domingo, 2 de maio de 2021

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS

Comeza un mes cheo de actividades relacionadas coas LETRAS GALEGAS. 

A comunidade educativa xunto coa colaboración de varios departamentos e a Biblioteca, ten organizadas varias actividades que vos presentamos, nesta entrada do blog da Biblioteca.

Tamén aproveitamos para presentar un dos carteis oficias do noso centro das Letras Galegas, este ano adicado á escritora XELA ARIAS.

Presentamos as seguintes atividades:

- Concurso Contacontos

- Exposición de libros adicados por escritores/as galegos

1º ESO:

- " Eu son Xela Arias"- A rebeldía da palabra

- Selección e transformación de versos en galego e portugués da autora, acompañados de fotografías do alumnado

3º ESO e 4º ESO:

Estampación de camisetas con versos da autora e ilustración feitas polo alumnado, na materia de EPV.



Ningún comentario:

Publicar un comentario