xoves, 9 de abril de 2026

CLUB DE LECTURA 4º ESO- 2º TRIMESTRE

Na segunda avaliación comezamos xa en xaneiro coas sesións tamén cada dúas semanas no anexo da biblioteca. Limos as tres bandas deseñadas propostas en galego na seguinte orde:

O corpo de cristo, de Bea Lema.
Rosalía oculta, de Paula Mayor
A miña outra vida, de Miguel Rojo.

Fixemos tamén como actividade complementaria ao club un programa de radio comentando as lecturas da primeira avaliación. Porén, entre as saídas e os exames finais da avaliación, non todo o alumnado participante rematou de ler o último libro. Por iso, na terceira avaliación queda pendente ter unha xuntanza para compartir impresións e reflexións e dar as votacións das propostas en galego. Ademais, temos pendente a escritura do guion e gravación da segunda parte do  pódcast, esta vez cos libros en galego. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario