VISITA LOLA FERNÁNDEZ DE SEVILLA
Este luns 13 de abril recibimos a visita de Lola Fernández de Sevilla, autora de obras de teatro como Mapa-poema para niñas que se portan mal o Un segundo, dos segundos, tres segundos, así como ensaios como Ogros, espinacas y demás, co que levou o premio Juan Cervera de Investigación sobre Teatro para la Infancia y la Juventud.
Veu ensinarnos as claves para a escritura dramática nun obradoiro destinado ao grupo de Oratoria de 4º ESO no que aprendimos a importancia de deixar baleiros nos nosos textos para que sexa o espectador quen interprete e cubra eses baleiros "coma se fose un queixo Gruyére".
Cíes e Uxía tamén tiveron a oportunidade de facerlle unha entrevista, que pronto poderedes escoitar, na que falamos sobre as dificultades do oficio da escritura, dos temas da literatura xuvenil, de viaxes e por suposto, de libros...porque xa temos ganas do 23 de abril!
Ningún comentario:
Publicar un comentario