DÍA DO AMOR
Visibilizamos o Día do Amor, cunha bonita exposición na Biblioteca. O equipo de biblioteca preparamos unha selección de libros en diferentes idiomas, axudados para escollelos co programa KOHA.
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Os alumnos e alumnas da sección bilingüe de Física e Química do curso 3º ESO A realizaron un traballo de revisión bibliográfica para recopilar información sobre doce científicas que, ou ben naceron en Galicia ou levan a cabo a súa labor investigadora na nosa comunidade.
A partir dos datos recollidos deseñaron unha serie de pósters que foron expostos na biblioteca para conmemorar o día da muller e da nena na ciencia (11 de febreiro).
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE CIENCIAS SOCIAIS
A nosa compañeira do Dpto de historia Paz Prada, xunto cos seus alumnos presentan os seguintes traballos:
"VISUAL THINKING"
Aprender historia debuxando. Historia do Mundo Contemporáneo. 1º Bacharelato A.
-ELABORAMOS UN PAPIRO EXIPCIO.
Ciencias sociais. 1º ESO A.
Parabéns ao todo o alumnado participante por estos estupendos traballos !!