domingo, 30 de novembro de 2014

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

O pasado 25 de Novembro, celebrouse o Día internacional contra a Violencia de Xénero.
Na nosa biblioteca fixemos un pequeno homenaxe a todas as victimas que día tras día, por desgracia, coñecemos nos diferentes medios informativos, cunha exposición de diferentes lecturas sobre mulleres destacadas e tamen lecturas de escritoras actuais.
Esperamos que a concienciación sobre este tema na nosa sociade, sexa unha realidade moi pronto e que non volvamos a escoitar feitos deste tipo que deixan sempre victimas e moita tristeza ...ese e o noso desexo!!!



PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE PROFES

Celebrouse a primeira tertulia do club de lectura de profes na Taberna Acevedo de Xunqueira de Ambía combinando literatura e gastronomía. O libro que inaugurou a xornada foi El chico, de Steve Hamilton, unha novela de intriga contada por un rapaz que non fala pero que, non obstante, é capaz de comunicarse coas persoas coas que se relaciona. A historia engancha porque mantén a incertidume e dosifica a información. Describe con precisión o mundo da delincuencia en todas as súas formas, explora vehículos de comunicación coma o cómic, fala da intervención do azar na vida das persoas, do amor, da capacidade de superación, da necesidade de escoitar…

GAÑADORAS CONCURSO CABAZAS TUNEADAS 2014


Todos os anos é cada vez mais dificil decidir os gañadores deste concurso. Este ano o nivel, a orixinalidade e a creatividade non deixou a ninguen indiferente. Foi o Dpto de EPV, dende onde se organizou e os participantes foron principalmente dos niveis de 1º e 3º ESO.
As gañadoras deste ano foron:
Ángela Tejada Seoane de 3º ESO A
Carlota Éstevez Pedras de 3º ESO B
Enhoraboa ás dúas e moitas grazas pola vosa participación!!!


GAÑADORAS CONCURSO CONTOS DE MEDO 2014

O Dpto de Galego e O Dpto de Normalización Lingüistica, convocan como todos os anos por estas datas o tradicional Concurso de Contos de Medo.
As gañadoras deste ano foron:
Érika Atanes Atanes de 3º ESO A
Sofía García León de 2º ESO C
E como finalista:
Carmen Rodríguez Rodríguez de 2º ESO C
Enhoraboa a todas elas!!!




EXPOSICIÓN CABAZAS TUNEADAS 2014

Como todos os anos desde a biblioteca e en colaboración co Departamento de EPV, convocamos o Concurso de Cabazas tuneadas 2014. Aquí os deixamos unha selección dos traballos que decoraron durante estos días o espazo da biblioteca. A imaxinación e creatividade dos nosos alumn@s volveu a ser espectacular!! Grazas a tod@s pola vosa participación.








EXPOSICIÓN TRABALLOS SAMAÍN 1º ESO

Os alumnos-as de 1º ESO na materia de EPV, traballaron como todos os anos diferentes traballos sobre un soporte DINA-4 en vertical ou horizontal, con personaxes relacionados co Samain, fantasmas, cabazas e murciélagos. Fixemos unha selección que decorou durante estas semanas a nosa biblioteca.









EXPOSICIÓN PERSONAXES DE MEDO

Os alumnos-as do 1º ciclo de 1º ESO, traballaron na materia de Galego unha exposición sobre diferentes personaxes da historia do medo e do terror. Deixamos aquí exemplos de tan bo traballo. Enhoraboa para tod@s!!