domingo, 30 de abril de 2023

ILUSTRAMOS O ROMANCERO GITANO 

O alumnado de 4º ESO, na materia de Lengua Española e dirixidos pola súa profesora Julia, fixeron como unha actividade para conmemorar o mes dos libros, esta estupenda iniciativa, ilustrar os textos da obra "El romancero gitano" de Federico García Lorca.

A exposición podédela ver no vestíbulo da cafeteria.

Disfrutade moito destes espectaculares traballos. Noraboa!


















 UNHA INVASIÓN SILENCIOSA

Desde o dpto. de Bioloxía e Xeoloxía e o dpto. de Artes plásticas, e en colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA vimos de instalar na cafetería do Instituto a Exposición: Unha invasión Silenciosa. A biodiversidade baixo amenaza.

A introdución de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario.

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das Especies Invasoras. Explícanos que son, cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns. Tamén nos informa sobre algunhas cuestións  que podemos facer para atallar este problema.

Durante os vindeiros días realizaremos diversas visitas co alumnado para ensinárllela e para facer un pequeno cuestionario.

Ata o 12 de maio a exposición estará no noso centro e a continuación pasará ao IES Cidade de Antioquía ata o día 24 de maio.
Agardamos que sexa do voso interese!

Esta exposición, máis a saída ao río que faremos con alumnado de 1ºESO, enmárcase no proxecto Fluviatilis, unha iniciativa onde diversas organizacións a nivel estatal realizan accións para coñecer e conservar os medios fluviais.

Enlace ADEGA:







xoves, 27 de abril de 2023

ENTREGA PREMIO CONCURSO MARCAPÁXINAS

Hoxe fixemos entrega do premio do concurso de marcapáxinas a Laura, a gañadora deste curso.

Moitas felicidades !




ENTREGA PREMIOS CONCURSO FOTOGRÁFICO

Hoxe fixemos entrega dos premios do concurso fotográfico deste mes de abril, mes dos libros, no que participou o alumnado do noso IES.

Grandes e fermosas fotografías feitas co gusto que dá sempre pensar, en tempo de lectura.

Os gañadores foron:

Alejandro Fernández Rodríguez de 3º ESO C

Diego Cerdeiro Casas de 3º ESO C

Noraboa !!







martes, 25 de abril de 2023

EXPOSICIÓN CONCURSO MARCAPÁXINAS

Na primeiro andar do IES, no mural expositivo temos unha fermosa exposición cos marcapáxinas feitos polo alumnado de 3º ESO, na materia de EPV, para conmemorar o Día do libro.





luns, 24 de abril de 2023

DE AGASALLO UN MARCAPÁXINAS

O pasado venres repartimos a toda a Comunidade Educativa o marcapáxinas gañador.

Contamos coa axuda do alumnado para poder facelo rápido e que todos/as tiveran nas súas mans este formoso agasallo.

Feliz Día do Libro 2023!


luns, 17 de abril de 2023

EXPOSICIÓN E CONCURSO FOTOGRÁFICO, ABRIL MES DOS LIBROS

Xa temos expostos os traballos fotográficos feitos polo alumnado de 3º ESO.

O Dpto de Debuxo xunto coa Biblioteca, convocamos un Concurso fotográfico en relación co mes de Abril mes dos libros.

As fotografías están expostas no vestíbulo da cafetería. Son fotografías espectaculares, todas elas con unha mensaxe en común, transmitir o gusto por os libros e a lectura.

En nada coñeceremos as tres fotografías gañadoras!









domingo, 16 de abril de 2023

MARCAPÁXINAS GAÑADOR DÍA DO LIBRO 2023

Xa temos listo o marcapáxinas gañador do Día do Libro deste curso.

O alumnado de 3º ESO, na materia de EPV, participou nun concurso para elixir o marcapáxinas que entregaremos a toda a Comunidade educativa do IES, o vindeiro 23 de Abril Día do libro.

Tendes unha exposición cos traballos de todo o alumnado participante, no primeiro andar.

A gañadora é Laura Martínez Méndez de 3º ESO A, que fixo un precioso debuxo dos moitos que esta artista nos ten acostumbrados.

O marcapáxinas levado a imprenta, permitenos convertirlo nun agasallo cunha reflexión nesta data tan sinalada...

"" Só aquel que coñece o valor dos libros, sinte o desexo de protexelos"

Noraboa Laura e disfruta moito do teu premio!