martes, 30 de xaneiro de 2024

A PAZ NO IES

O día 30 de Xaneiro celebrase o Día da Paz.

No IES damos a benvida con este bonito debuxo feito pola nosa aula Nerea Paz de 3º ESO A.







domingo, 28 de xaneiro de 2024

VISIBILIZAMOS O DÍA DA PAZ

O vindeiro 30 de Xaneiro se conmemora o Día da Paz.

Na Biblioteca xa o visibilizamos fai uns cantos días.

Este ano mais que nunca pensemos na necesaria PAZ no mundo.




AS CELULAS

O alumnado de 1º ESO, axudados pola sua profesora Lucia, adéntrase no mundo da bioloxía co estudo das células.

A célula é básico no coñecemento da vida, polo que xa desde os primeiros cursos de bioloxía trabállase o estudo e coñecemento desta unidade fundamental. O alumnado de 1º da ESO realizou diversas maquetas de células que están expostas na nosa biblioteca do centro. Os modelos realizados con diferentes métodos e materiais amosan a variedade de células eucariotas animais e vexetais. Ademais nestes días o alumnado ten realizado diferentes prácticas de laboratorio onde observou as súas propias células da boca (células eucariotas animais) e tamén células máis simples como as bacterias do iogur (células procariotas).

Algúns alumnos realizaron células comestibles!! (pizza ou biscoito) que non están na exposición porque non puidemos resistir a probalas.
Seguimos aprendendo!





xoves, 18 de xaneiro de 2024

TERTULIAS LITERARIAS

Un grupo de alumnos de 1º BACH do IES Lagoa de Antela asistió o día 17 de xaneiro ás Tertulias Literarias en galego organizadas polo Concello de Ourense.
Este ano propúxose a lectura da obra teatral As alumnas de Paula Carballeira que plantexa temas de interese para o noso alumnado como son: a loita polos dereitos, a denuncia do machismo e a importancia da educación no desenvolvemento dos seres humanos.A sesión dividiuse en dúas actividades. En primeiro lugar, de 16 a 18 h, o noso alumnado debatiu con alumnos do IES de Allariz e IES de Maceda sobre os distintos aspectos do libro como: a dualidade das persoaxes, a vixencia da obra e a importancia do galego na actualidade. En segundo lugar, de 18 a 20 h, o alumnado coñeceu á autora ca que mantiveron un coloquio moi sucestivo, valorando o papel fundamental do teatro na nosa sociedade.







luns, 8 de xaneiro de 2024

PORTAS NADAL GAÑADORAS

Xa temos o resultado das portas gañadoras do Concurso que fixemos este Nadal.

E son: o grupo de 1º ESO E,da tutoría de Ana Iria e o grupo de 3º ESO C, da tutoría de Julia.

Noraboa por as vosas bonitas portas e en nada organizaremos una merendola na cafetería de Manolo para celebralo!