domingo, 21 de febreiro de 2021

ACTIVIDADES DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

O IES lagoa de Antela, visibiliza a figura tan especial de Rosalía de Castro coas seguintes actividades:

- No 1º Ciclo da ESO, fixeron poemas tuneados de Rosalia de Castro.

- Nas aulas lectura e poemas musicados.

- Se as circunstancias o permiten, vai saír un pequeno grupo a pegar poemas pola vila.

- O alumnado de 4º ESO, na materia de EPV, fixeron unha selección de textos manuscritos a plumilla.

- A Biblioteca, organizou unha exposición de lecturas e un escaparate para visibilizar a vida e obra de Rosalía de Castro.

Esperamos que disfrutedes de todas as actividades!!


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

    O vindeiro mércores, 24 de Febreiro conmemoramos o Dia de Rosalía. O Dpto de ENLD, de Galego, de EPV e a Biblioteca, xa están preparando varias actividades para destacar esta data tan especial.

PROXECTO DE RECOLLIDA DO PATRIMONIO INMATERIAL (ENLD DO IES LAGOA DE ANTELA)

    O Departamento de Normalización Lingüística elaborou un proxecto co obxectivo de recoller e preservar o noso patrimonio inmaterial e precisa da vosa colaboración.

O proxecto consiste en rexistrar palabras ou expresións (refráns, cantigas, ditos…) que forman parte do noso acervo cultural que corren o risco de desaparecer. Por iso, se coñecedes formas que están en desuso pregamos que as escribades nunhas fichas que elaboramos para tal fin a través dun enlace. Todas e todos vós sodes editores e podedes escribir nelas e ler as expresións que escribiron os vosos compañeiros. 

Este é o enlace para que poidades escribir.

Este é un enlace para que vexades algúns exemplos que vos sirvan de modelos.

Animámosvos a participar!!


ENTREGA PREMIOS 24ª EDICIÓN  CONCURSO MASCARAS ENTROIDO

    O pasado venres de Entroido, no segundo lecer aproveitamos para a entrega dos premios aos gañadores do Concurso de máscaras deste curso.

Cada un deles recibiu un diploma acreditativo e un vale con cartos para gastar nunha librería de Xinzo.

Horacio e Ana Escudero, profesores do Dpto de EPV, estamos moi orgullosos do magnifico traballo do noso alumnado.

Noraboa a todos os premiados!!





 2ª LECTURA CLUB DO PROFESORADO 

Xuntámonos na Biblioteca, para facer a foto oficial do comenzo da nosa segunda lectura do Club, do segundo trimestre. Ahí tendes alguns dos compoñentes do club.

"La buena suerte" de Rosa Montero.

Que a disfrutedes compis!!



AXUDANTES BIBLIOTECA

    Neste curso, tan atipico e dificil, onde organizar a Biblioteca está resultando ás veces tan complicado, agradecese toda a axuda que chega de forma desinteresada por parte de toda a Comunidade educativa.

Pero quero e necesito destacar tres nomes, Lorena Fiz, Alba Garrido (alumnas de 4º ESO) e Xiana Carballo, (unha alumna moi, moi especial de 3º ESO).

As cousas chegan as veces por casualidade, e o que comenzou como un paso limitado nun recreo pola Biblioteca, con restriccións por todas partes, foi collendo forma ata ser costume.

De repente  Xiana, non deixaba entrar a ninguén que non desinfectara as mans previamente ou non deixaba sair a ninguén da Biblioteca, si previamente non desinfectaba o lugar que escolleu para estar no lecer. Estaba pendente de facer cumprir as normas COVID sen excusas!

Por outra banda Lorena e Alba estaban dispostas a todo...a TODO!!, alfabetizar estanterías, expurgar, colocar libros, sellar, forrar, plastificar carteis, montar e desmontar datas sinaladas no calendario e agora comenzar a coñecer o Programa Meiga, de xestión de bibliotecas.

Estas fabulosas AXUDANTES, son nestes momentos imprescindibles!! Pasan as semanas e facendo balance de todo o feito ata agora, somos conscientes do traballo que a diario fan, colaborando na Biblioteca nos dous lecer de cada xornada, de forma voluntaria e desinteresada.

GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS, por a vosa inestimable axuda e a vosa compañía diaria!!









2º CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

    Xusto antes do Entroido, presentamos oficialmente a segunda lectura do 2º trimestre, do Club de lectura do profesorado.

    Nesta ocasión, a lectura escollida foi " La buena suerte" de Rosa Montero. Xa está lista na Biblioteca.

Que a disfrutades moito!! e Boas lecturas!



MURALES 24º CONCURSO MÁSCARAS E GAÑADORES

Aquí vos deixamos ao alumnado participante do concurso, posando diante dos murales coa exposición de máscaras.

E aos gañadores, co seus magníficos traballos!!

Grazas pola vosa participación!!






2º CLUB DE LECTURA en 4º ESO

    Neste 2º trimestre o club de lectura de 4º ESO, lee "Nadie nos oye" de Nando López.

Unha interesante lectura, da que seguro que falamos moito!!

Na foto os participantes do Club: Alex, Nadia, Cristina, Alba y Lorena.

Boas lecturas!!




CLUB DE LECTURA 4º ESO....OPINAMOS DA NOSA 1ª LECTURA

    Fai un par de meses, comezou a andaina do Club de lectura de 4º ESO. Con  incertidumbre pero con moitas gañas, decidimos comenzar unha nova forma de facer os Clubs de lectura este curso. 

A lectura escollida, foi "Finis mundi", de Laura Gallego.

E aquí estamos, e chega o momento de saber as nosas opinións sobre a lectura en cuestión. Opinando por aquí, polo blog da Biblioteca.

Boas lecturas!!



GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2021- 1º ESO

    E aquí temos aos gañadores do Concurso deste ano de 1º ESO. Tamén complicado elixir entre os estupendos traballos presentados.

1º Premio: Pablo Torres  1º ESO D

2º Premio: Ziortxa Moran 1º ESO C

3º Premio: Ismael Garrido 1º ESO A


Noraboa ós tres!!












GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2021- 3º ESO

    Aquí temos aos gañadores do Concurso deste ano de 3º ESO. Foi difícil para o xurado, elixir os traballos gañadores, entre as magníficas máscaras presentadas.

1º Premio: Rodrigo Díaz Enríquez – 3º ESO A

2º Premio: Sara Bechiki Pérez 3º ESO C

3º Premio: Sara Ada Camba Quintas 3º ESO C


4º Premio: Hugo Penabad Formoso 3º ESO 


Mención especial: Xiana Carballo Rivero – 3º A














24º CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2021 - 1º ESO

    E aquí temos os traballos presentados polo alumnado de 1º ESO, na materia de EPV, dirixidos polo seu profesor Horacio.

Para esta promoción, e a sua primeira vez neste tradicional concurso.

Aquí tamén difícil elixir quen gañará!







24º CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2021 - 3º ESO

    Xa o temos aquí, chegou este ano o "Non ENTROIDO", pero a convocatoria do tradicional Concurso de Máscaras, desde o Dpto de EPV, SI QUE O TEMOS!!

Este curso, é a 24ª edición, e estamos moi orgullosos dos traballos do alumnado de 3º ESO, que aquí vos presentamos. 

Difícil elixir quen gañará!








mércores, 10 de febreiro de 2021

CLUB DE LECTURA PROFES....OPINAMOS DA NOSA 1ª LECTURA

Fai un par de meses, comezou a andaina do noso Club de lectura, coa incertidumbre das novas circunstancias que estamos a ter.

A lectura escollida, foi "El bosque de los cuatro vientos" en castelán, e o mesmo título "O souto dos catro ventos" en galego, de María Oruña.

E aquí estamos, e chega o momento de saber as nosas opinións sobre a lectura en cuestión , esta vez moi a noso pesar, sin os ratos de tertulia que antes tiñamos cos encontros arredor dun bo xantar.

Todo chegará, pero agora opinamos aquí, no blog da Biblioteca.

Boas lecturas!!



venres, 5 de febreiro de 2021

CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2021 - CHEGOU O "NON ENTROIDO"

Este ano o espíritu do Entroido, chegou de outra maneira, inevitablemente polo COVID.

Pero no IES ,o Dpto de EPV, mantivo a convocatoria do tradicional Concurso de Máscaras, que xa vai pola 24ª edición.

Aqui vos deixamos unha mostra de como quedou o mural, unha vez presentados todas os traballos. Por certo espectaculares!!

A vindeira semana despois das votacións daremos a coñecer os nomes dos gañadores!