luns, 20 de novembro de 2017

PREMIOS PLANETA

Xa temos na Biblioteca os Premios Planeta 2017. Na estanteria de novidades os encontraredes.
Disfrutadeos!!


sábado, 18 de novembro de 2017

PREMIO CERVANTES


Sergio Ramírez de 75 anos, premio Cervantes 2017.
O escritor é o primeiro nicaragüense en obter o galardón. Novelista, ensayista, memorialista, político e xornalista, foi revolucionario sandinista e vicepresidente do seu país entre 1985 e 1990 con Daniel Ortega.



GAÑADORAS DO CONCURSO "CONTOS DE MEDO"

As gañadoras do Concurso "Contos de Medo" deste ano, foron Dolores González López e Mónica Santana Rúa de 3º ESO.
Recibiron o seu premio na Biblioteca, consistente nun Diploma, cheque de 50 € e libro de lectura.
Enhoraboa polo voso magnifico traballo!!




"ALDOALADO", POESIA E MÚSICA no IES Lagoa de Antela

A cargo de Lucia Aldao e de María Lado, chega ao noso IES unha nova actividade de Poesía e Música, da cal disfrutamos o alumnado e profesorado no salón de actos, o pasado venres 10 de Novembro.





CONCURSO CONTOS DE MEDO

Xa temos convocado un curso mais o "Concurso Contos de Medo".
Animádevos a participar!!

venres, 17 de novembro de 2017

MAGOSTO NA BIBLIOTECA

Esta semana a nosa Biblioteca fai un "guiño" para ter presente a festa do MAGOSTO.
Disfrutade das castañas, das xuntanzas e das amizades, nesta época do ano.



 

CLUB DE LECTURA DO 2º CICLO

O alumnado de 3º ESO, xa comenzou co Club de Lectura deste curso.
As reunións serán no anexo da Biblioteca, cada 15 días.
O calendario xa foi entregado aos participantes o primeiro día.
Volvemos a ter representanción masculina, con varios rapaces.
A lectura escollida é " La vuelta al mundo de un forro polar rojo" de Wolfgang Korn, e que trata sobre a globalización e os recursos do noso planeta. 





xoves, 16 de novembro de 2017

DÍA DAS LIBRARIAS

Nos tamén nos sumamos a celebrar o "Día das Librarias", que se celebra o 10 de Novembro e que resultan fundamentais para as nosas Bibliotecas.

 

CLUB DE LECTURA DE 1º CICLO

O alumnado do 1º CICLO da ESO, xa comenzou este mes co Club de Lectura. Temos participantes de 1º e de 2º ESO. E como xa pasara en cursos pasados, temos unha boa representación masculina nos dous grupos.

A primeira lectura é "Esmeraldina, a pequena defunta" de Ledicia Costas. A xuntanzas están previstas, no anexo na Biblioteca cada 15 días. E o alumnado comparte un exemplar da lectura por parexas.

Cada participante ten un calendario das datas previstas de xuntanza, e tamen está exposto nos taboleiros da Biblioteca e das aulas.

Agora só queda disfrutar das lecturas!!!



 

 



CLUBS DE LECTURA

Xa temos todo preparado para comenzar cos Clubs de lectura do alumnado...





A TROPA DO TRAPO

Co motivo da celebración do Samaín, visitounos "A Tropa do Trapo", e de novo volvimos a sentir o medo, escoitando os contos de defuntos.








luns, 13 de novembro de 2017

EXPOSICIÓN TRABALLOS 4º ESO EPV

No primeiro andar do noso IES, no panel de corcho temos a Exposición dos traballos feitos na materia de EPV, dos últimos catro cursos, coa profesora Sara Vázquez, do Dpto de EPV.
Felicidades a tod@s por un magnífico traballo de moita creatividade e tempo adicado na súa realización. Moita labor de investigación desde a Biblioteca e os seus fondos de ilustración e cómic.





CLUB DE LECTURA PROFES

Comenza o Club de Lectura de Profes deste curso lectivo.
A lectura escollida é " Mi hermano persigue dinosaurios " de Giacomo Mazzariol.
Temos prevista a Xuntanza o vindeiro 30 de novembro no IES de Vilamarín, onde o noso ex- compañeiro Jacobo, o ten todo preparado para disfrutar da boa cociña, falando da nosa lectura do Club.
Disfrutade destes momentos de lectura!!




venres, 10 de novembro de 2017

GAÑADORES CONCURSO CALABAZAS TUNEADAS

Dous alumnos de 3º ESO e unha alumna de 1º ESO, son os gañadores do "Concurso de Calabazas tuneadas".
Aroa, Iván e María presentaron estos traballos tan espectaculares.
Enhoraboa aos tres!!!







 

EXPOSICIÓN CALABAZAS

Mais de 75 calabazas foron presentadas ao "Concurso de calabazas tuneadas". 
Todo un exito de participación, que un ano mais chea a Biblioteca de creatividade e orixinalidade, grazas aos nosos alumn@s.
Enhoraboa a tod@s!!!