luns, 30 de maio de 2022

CHEGADA DO NOVO ALUMNADO

Tivemos o pracer de recibir en persona, ao novo alumnado do vindeiro curso 2022-23.

Aquí vos deixamos a reportaxe de fotos.

Benvidos/as a o voso IES Lagoa de Antela! 







VISITA DA ESCRITORA EVA MEJUTO

Sempre é un pracer recibir no noso IES, a visita da escritora Eva Mejuto.

Este curso a lectura en 3º ESO, da sua obra " 22 segundos", foi o que fixo que nos acompañara.

Obra imprescindible como lectura para o noso alumnado, que pudo facerle moitas cuestión sobre a lectura.







 

A CELULA

O alumnado do 1º ciclo da ESO, na materia de Ciencias fixeron estos estupendos traballos sobre a célula.

Non faltan os detalles na exposición que temos montada no edificio Antela.












PASAMENTO DOMINGO VILLAR

O pasado 18 de maio recibimos a triste e inesperada noticia do pasamento do gran escritor Domingo Villar.

Atrás queda no recordo, o roteiro que fixemos fai uns cantos anos no Club de lectura, co o seus libros "Ollos de agua" e " A praia dos afogados".

D.E.P




HISTORÍA DA NOSA LINGUA

O alumnado do 1º ciclo da ESO, na materia de Lingua Galega estiveron a traballar a historia do Galego, con estos estupendos traballos.

Noraboa a tod@s polos magníficos resultados!









VISITA DE LEO ARREMECAGHONA 

O pasado xoves 12 de maio, no mes das Letras Galegas 2022 o alumnado do IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía en cadansúa sesión tiveron o pracer de achegarse a historia da nosa poesía desde o plantexamento tan diferente e atractivo que propón o docente e artista Leo Arremecaghona. Agradecidos que estemos a contar co seu espectáculo e o seu saber no eido da poesía.






sábado, 7 de maio de 2022

RESUME OBRADOIRO FOTOGRAFÍA

Estas dos bonitas imaxes resumen a boa experiencia do noso obradoiro de fotografía.

Sin duda repetiremos o vindeiro curso.

Mientras tanto, non deixedes de facer fotos!



2ª PARTE MASTER CLASS FOTOGRAFÍA

Na seguinte xornada do Obradoiro de fotografía, tocoulle ao nivel de 3º ESO, traballar e divertirse coa presencia da nosa ex- alumna Noelia Caseiro.

Novamente unha xornada intensa e divertida para todos.

Grazas por todos os bos momentos vividos ao longo da mañá Noelia!










OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

Desde o Dpto de Debuxo xunto coa Biblioteca, organizamos un obradoiro de Fotografía, a cargo da nosa ex- alumna Noelia Caseiro, na actualidade fotógrafa profesional.

Os participantes foron unha selección do alumnado participante no concurso de Fotografía de Abril Mes dos libros, no nivel de 3º ESO, e o alumnado de 1º ESO, participante nun traballo, na materia de EPV sobre as emocións, tamén de fotografía.

Foi unha mañana intensa e moi moi divertida, onde aprendimos moito de fotografía.

Grazas Noelia por todo!!