sábado, 20 de maio de 2023

AS REDES SOCIAIS TAMÉN FALAN DE CIENCIA

O alumnado de 4º ESO, xunto coa sua profesora Lucia na materia de Ciencias aplicadas á actividade profesional, fixeron unha interesante actividade consistente na elaboración de carteis relacionados co tratamiento que nas redes sociais se dan ás ciencias.

O resultado moi moi interesante.






venres, 12 de maio de 2023

NOVO ESPAZO MULTIUSOS

Inauguramos xunto coa biblioteca un novo espazo multiusos e de lecer no noso IES. Un lugar desaproveitado durante moitos anos, e usado como un patio cuberto e lugar só de paso do alumnado do noso IES.

Froito da nosa entrada no PLAN LIA 3, que facilitounos unha dotación presupuestaria para reformar a biblioteca e crear este novo espazo de xogos, exposicións e para podelo usar en obradoiros e encontros con escritores.

Encantados co cambio!










VISITA DA ESCRITORA BERTA DÁVILA

A escritora Berta Dávila estivo no IES para presentar o seu libro" Un elefante na sala de estar", que foi lectura obligatoria nos clubs de lectura de aula, na materia de Galego.

Disfrutamos dun estupendo rato con ela.







SAÍMOS NO PERIÓDICO

Co motivo da inauguración da nosa biblioteca, o periódico La Región e  o periódico dixital " Dende A limia", publicaron unha reportaxe.



martes, 9 de maio de 2023

 SEGUNDA TERTULIA LITERARIA

A segunda lectura escollida para as Tertulias literarias, na que participou o Club de lectura de BAC este curso foi, “ Lugar seguro”de Isaac Rosa. 





sábado, 6 de maio de 2023

MURAL LETRAS GALEGAS

O Dpto de Galego xunto co Dpto de Debuxo, fixemos un mural conxunto no espazo diante da cafetería.

Desde un gran mapa de Galicia, enlazamos os debuxos feitos polo alumnado de 4º ESO na matería de EPV coa profesora Ana Escudero, dos diferentes lugares polos que paso Del Riego e as historias escritas feitas polo alumnado de 2º ESO na materia de Galego coa sua profesora Loli.

O conxunto quedou realmente moi ben e asi pudimos disfrutar do homenaxeado deste ano e coñecelo moito mellor.





 

venres, 5 de maio de 2023

CAMPAÑA " E TI QUE LES EN GALEGO"

Co motivo do mes das Letras Galegas, lanzamos a seguinte campaña " E ti que les en GALEGO", con este bonito cartafol.




CAMPAÑA "DE AGASALLO UN LIBRO"

Este curso fixemos na Biblioteca un expurgo de libros e lanzamos unha campaña co motivo do mes das Letras Galegas.

Envoltos en papel de agasallo, fixemos uns carteis e nas bandeixas sobre as mesas da biblioteca, deixamos os agasallos da nosa campaña "De Agasallo un libro".

De esta maneira todo o alumnado que pase pola Biblioteca, podrá levarse un libro en galego.


martes, 2 de maio de 2023

TRABALLANDO NA BIBLIOTECA

Un día calquera na nosa Biblioteca. O alumnado aproveita moi ben o tempo traballando nela...





INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Todo listo para a inauguración oficial da Biblioteca...3...2...1...

Que ilusionados estamos tod@s!

luns, 1 de maio de 2023

 VISIBILIZAMOS AS LETRAS GALEGAS

Como sempre facemos no mes de maio coa chegada das Letras Galegas, visibilizamos no IES este mes tan especial.







LETRAS GALEGAS

Para festexar a festa da cultura galega neste ano 2023 que se dedica ao galeguista Fernández del Riego, decidimos escoller a sua obra de viaxes que leva por título Galicia.
1ª Actividade

Caderno de Bitácora

2ª Actividade

Exposición no centro das viaxes que describe o autor na súa obra Galicia. Escolleremos algún dos espazos porque na obra abrangue a totalidade da nosa terra e faranse descricións en vídeo con efecto croma para levar ao google maps e con fotos e texto sobre un mapa de Galicia físico para expoñer no centro educativo.

Para facer a exposición contamos co traballo do alumnado de Ana Escudero de EPV de 4º da eso que fará un mapa de Galicia e litografías das vilas galegas nas que recollan de forma plástica un elemento que nos traslade de inmediato a ese lugar.

3ª Actividade (Actividade interanual)

REPORTEIROS VIAXEIROS. Seguindo co proxecto do curso pasado do programa de TV das letras na rúa. Faremos un programa de TV Viaxeiros das letras pola vila de Xinzo de Limia.
Haberá como estacións para resolver cuestións sobre os espazos das viaxes que describe Del Riego na súa obra Galicia que nos permitan ao final contar como é esa zona e viaxar pola nosa terra a bordo do Renault que conduce os personaxes da obra do homenaxeado.

4ª Actividade: 

Conscurso de lemas a prol do galego
Como non podía ser doutro xeito, centrándonos na faceta máis destacada do autor homenaxeado, o seu amor por Galicia e a súa idoloxía galeguista de labor incansable, este ano o alumnado do IES Lagoa de Antela, ten que deseñar unha campaña de cun lema a prol do Galego.

A mellor mensaxe plasmarase nunha camisola.