sábado, 24 de outubro de 2020

PROXECTO ELBE.2

Desde a Biblioteca, continuamos poñendo en marcha en toda a Comunidade educativa, o PROXECTO ELBE.2

ELBE.2, é un proxecto piloto que se desenvolve en 50 centros pertences ao PLAMBE (constituido por máis de 800 bibliotecas escolares), dando continuidade á primeira fase (ELBE)., de incorporación experimental de equipamiento para a lectura dixital na biblioteca escolar.

Esta iniciativa está enmarcada no PLAN LIA, en particular no reto nº 4 "As Alfabetizacións múltiples", onde se fai referencia a "incorporar as bibliotecas escolares á plataforma do libro dixital".
 
Trátase, de por a disposición dun número acotado de centros, un novo recurso que amplía os fondos da biblioteca cunha primeira selección de recursos en formato dixital.

Para elo:

1- Debedes descargar nos vosos dispositivos (móvil, tablet, ordenador...), a APP bega-elbe2

2- Por último, solicitade as vosas contas e contrasiñal ao equipo de Biblioteca (Ana Martínez e Ana Escudero) e vicedirección (Belén Castro).

Calquera dúbida, no dudeis en contactar con nosco. 





GAÑADOR CONCURSO MARCAPÁXINAS

O noso flamante gañador do concurso convocado o curso pasado, tivo que esperar un pouquiño para ver o seu marcapaxinas levado a imprenta, pero valió a pena!!

Xacobe Rodríguez Rodríguez, de 4º ESO, noraboa!! Disfruta do teu premio!!














DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este curso conmemoramos o "Día das bibliotecas", levando a imprenta o marcapáxinas que quedounos pendente de "O Día do Libro", pois estábamos confinados.

Así que aproveitamos para repartirlo en toda a Comunidade Educativa esta semana.

A frase escollida deste ano, foi a dun científico, Albert Einstein, e que di..."Nos momentos de crise, só a imaxinación é máis importante que o coñecemento".

Esperamos que vos guste!!





 


NORMAS COVID NA BIBLIOTECA

Este curso temos que respectar as normas que a situación COVID, recordanos a diario.

O espazo da nosa Biblioteca, está preparado y agarda as vosas visitas, para estudar, atopar unha lectura interesante o facer as consultas que necesitedes.








domingo, 18 de outubro de 2020

HORA DE LER 

Como cada ano e dentro do marco do PLAN LIA de Bibliotecas escolares, entre os que se encontra o noso centro, o vindeiro uns 19 de Outubro, dará comenzo a HORA DE LER.

Dada a situación actual de crisis COVID, no presente curso, o alumnado non dispondrá da caixa con lecturas, que servia de soporte ata agora, para sacar adiante este espazo semanal de lectura.

É por elo, que o alumnado tendrá que traer as súas lecturas en papel, o en soporte dixital, (este último supervisado por o/a profesor/a responsable, nesa hora de lectura).

Aquí vos deixamos o horario da "HORA DE LER", que tamén estará exposto, de forma visible, en todas as aulas.

Boas lecturas!!


DEVOLUCIÓN LIBROS

Dentro do marco do protocolo COVID, desde a Biblioteca este curso, tendes a posibilidade de facer moi rápida a devolución dos vosos préstamos.

Na primeira mesa do espazo da Biblioteca, tendes cinco caixas, unha por cada día da semana. Podedes simplemente acercarvos á Biblioteca, e deixar o libro que queredes devolver, na caixa correspondente ao día que facedes a devolución do voso libro.

O equipo de biblioteca xestionará tres días despois,  pasado o período de cuarentena de tres días, (ao estar forrados con plástico os libros da nosa Biblioteca), a vosa devolución.

Fácil e moi, moi rápido!!

Este curso non tendes excusa, para non estar ao día nas devolucións dos libros prestados pola Biblioteca.




 PRÉSTAMO DO "DÍA SEGUINTE"

Como sabedes a Biblioteca, no presente curso, vos permite ir presencialmente a solicitar as vosas lecturas como sempre.


Este curso desde o equipo de Biblioteca, propoñemosvos outra maneira de prestar libros, o chamado " Préstamo do día seguinte”.


Para elo deseñamos unha ficha, que estará a vosa disposición en todas as aulas e na entrada da Biblioteca. A idea é que a cubrades e nos a fagas chegar ao Equipo de biblioteca, ben deixando a vosa petición nunha bandeixa, que estará sempre na entrada da Biblioteca, o ben entregando as vosas peticións ao profesorado que vos imparte clases, e que despois as achegaran á Biblioteca.


O día seguinte da vosa petición, poderedes vir a recoller a vosa lectura. Estarán na primeira mesa, dentro do espazo da Biblioteca.










NORMAS BIBLIOTECA

Deixamos para o voso coñecemento o PROTOCOLO Covid, da nosa Biblioteca.

Recordade que podedes facer uso dela, como sempre, pero atendendo ás novas normas establecidas pola situación de pandemia, que estamos ter.

SENTIDIÑO!!



BENVIDA

Benvid@s tod@s a vosa Biblioteca!!

Bo comenzó de curso 2020-2021!!