xoves, 25 de marzo de 2021

CONCURSO FOTOGRÁFICO ABRIL MES DOS LIBROS

Co motivo de "Abril Mes dos libros" , a Biblioteca e o Dpto de EPV e Debuxo Técnico, convoca un concurso de fotografía.

Ahí vos deixamos as bases.

Animádevos a participar!!




EXPERIMENTANDO COAS MATEMÁTICAS...

O alumnado da ESO do noso centro, realizou diferentes actividades preparadas polo Dpto de Matemáticas, no día de onte, dentro do programa organizado en relación co Mes das Matemáticas.

Aquí vos deixamos unha mostra fotográfica !!







 MES DAS MATEMÁTICAS

O Dpto de Matemáticas conmemora o " Mes das matemáticas" coas seguintes actividades:

- Papiroflexia feita polo alumnado de 2º ESO

- Alumnado midiendo o diámetro e lonxitude da circunferencia para obter Pi

- Unha mesa de problemas de inxenio/lóxica

- Un listado de medidas antiguas que o alumnado explicará

- Un póster sobre as matemáticas e o Covid

Estamos listos para empezar!!




mércores, 24 de marzo de 2021

A POESÍA...

No holl da entrada a IES, temos outra exposición cos traballos do alumnado de 4º ESO, sobre a Poesía. 

Grandes traballos!! Noraboa!









domingo, 21 de marzo de 2021

DESPERTA PRIMAVERA! 

Xa temos aquí a Primavera.... e a noso blog, chega da man desta preciosa ilustración de Lisa Aisato.

@lisaaisato

Benvida primavera!



DETALLES DA NOSA EXPOSICIÓN

Aquí vos deixamos detalles da exposición de poesía.

Disfrutádeos!











EXPOSICIÓN DÍA DA POESÍA

O alumnado de 4º ESO, coordinados pola súa profesora de Galego Carme Gómez, fixeron uns estupendos traballos sobre a poesía, en diferentes formatos, utilizando distintas técnicas, como o collage, a tipografía..etc, que están expostos nunha montaxe no holl da entrada a cafetería, realizada en coordinación coa Biblioteca. 

Grazas polos estupendos traballos feitos do noso alumnado. Creativos e sobre todo moi visuais.

Noraboa!









venres, 19 de marzo de 2021

CONCURSO DE POESÍA

O Dpto de normalización, convoca un Concurso de "Poesía Vangardista", coas seguintes bases:

1- As poesías non podrán superar os 20 versos.

2- Deberán estar escritas a ordenador

3- Imprimiranse e introduranse nun sobre que levará escrito o título do concurso e un seudónimo. Dentro do sobre estará o poema e outro sobre que leve escrito por fóra o seudónimo e que costeña a identidade do/a autor/a- Nome, Apelidos, Idade, Grupo e curso.

4- Entregaranse en conserxería

PRAZO DE ENTREGA: 17 de Marzo

PREMIOS: 1 vale de 30€ e un libro



DÍA DA POESÍA

O vindeiro 21 de marzo celebramos o Día da Poesía. Xa temos todo listo, con diversas actividades para conmemorar esta data.

Concursos, exposicións e diversos recitais nas aulas de cada grupo.

Feliz Día da Poesía a todos/as!!



mércores, 10 de marzo de 2021

MONTAXE EXPOSICIÓN 8 de MARZO

E nada disto sería posible, sen a axuda desinteresada do alumnado que botou unha man, para a montaxe da exposición do 8 de marzo, en tempo récord.

GRAZAS a Alexander, Imane, Rufino por a vosa inestimable axuda e colaboración!




EXPOSICIÓN ABECEDARIO 8 DE MARZO

No pasillo da Biblioteca fixemos unha exposición coas letras do abecedario, adicadas as mulleres do mundo. Cada letra cun significado diferente. E coa historia de porque nesta data do 8 de marzo, celebrase o Día internacional da muller traballadora.

Aproveitamos para que a Comunidade educativa, fixera a sua foto xunto a letra do seu nome.










EXPOSICIÓN ILUSTRACIÓNS

Aquí vos deixamos os exemplos de ilustración, que forman parte da exposición do 8 de marzo, adicada a Muller trabajadora.









EXPOSICIÓN ADICADA A MULLER NA MÚSICA

Este 8 de marzo, adicamos o Día Internacional da muller traballadora, á Muller na Música.

O Dpto de Música, Debuxo e a Biblioteca, fixo una exposición de ilustracións de mulleres destacables ao longo da historia na música e ademais aproveitamos para expoñer os traballos feitos de instrumentos reciclados, que se fixeron fai un par de anos coa nosa querida compañeira de música, Natalia.

Feliz Día da Muller traballadora!

8 de marzo - IES Lagoa de Antela